A verdade é que estes os nosos amigos do Catro Barbudo de Rianxo teñen montada unha boa ruta. Hai que recoñecelo e recoñecerllo. 55 kms onde tes de todo, pedras, sendeiros, baixadas capaces de deixarte sen alento, trialeras, subidas, subidas e máis subidas... un sin fin de combinacións e de variedade que fai desta ruta unha cita na que todos os amantes da bicicleta de montaña, en toda a súa extensión e co que iso significa non deben fallar nin excusarse. De entrada, moitos Trisqueles. De feito, este que lle escribe, en ausencia do presidente e como máxima "autoridade" en Rianxo presente (para eso un é o vicepre...) contaba de subir a recibir o premio ao equipo con máis representación da marcha... peroooo, algún trisquel obviou por o nome do clube polo que quedamos, compostos e sen premio. Así que para outra, xa sabedes, nome do clube. Aclararéi que o de subir a recibir eu o premio obviamente era unha coña, non vaia ser que por algún sexa malinterpretado.
Foi unha ruta que se prestou a todo, a cambios de bicicletas aproveitando que a marcha pasaba pola porta dalgún de Isorna, a abandonos tras caída e consecuente avería mecánica, aproveitando o casual paso pola casualmente mesma casa do anterior cambio de bike aquí relatado para ducharse e vir guapo, limpo e relaxado a tomalos pinchos cos sufridos bikers e ver posteriormente como ainda por riba resultaba gañador dun casco (Iván, 15 euros e por ser ti...), a dolorosas caídas por parte do noso amigo de Extramundi Alberto que parecía mancado de seriedade pero que a hora de comer o posterior churrasco esqueceuse da dor e da caída (maneira de papar macho..) a globeradas dignas de ser contadas pero non neste foro, e a por fin, este que lle escribe ser o primeiro... o primeiro en parar a "repostar" no avituallamento da Paradejua... antes de coma sempre, perderse nunha ruta perfectamente sinalizada... No meu favor, direi que nese punto concreto, equivocouse máis xente... a que si Arturo? Antes de todo eso, kilómetros de conversa co meu bo e sufrido amigo Ultreia Arturo primeiro e posteriormente ata o hito que marca a separación dos catro concellos e o inicio da acensión final á A Muralla, cun Aforcado de nome creo recordar Michel. Pero ao pouco, logo de coroar, veu esa equivocación que, marcou e marcará un punto de inflexión neste que lle escribe.
Ao final, o mellor do día, foi a comida de confraternización dos Trisqueles que demostraron e demostramos, que comendo e bebendo, a esto si que non hai ninguén que nos gane... un equipo que ten que ser sinónimo de compañerismo, de camaradería e de pensar e saber, e que cando do Trisquel falamos todos, absolutamente todos, somos iguais. Sen excepción. Eso pode ser o que nos faga diferentes ou iguais aos demáis.
FIRMADO: GULLI - UZAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario