mércores, 26 de xuño de 2013

22/06/13 LLANES, “Costa de los Picos de Europa”

I MARATHON CICLOTURISTA BTT

LLANES, “Costa de los Picos de Europa”

22-06-2013

PREGUNTAREDESVOS COMO EMPEZA A HISTORIA… DIEGO BOTALLE UN OLLO ¡¡ TEN BOA PINTA¡¡ TI QUE DIS? APUNTANOMOS? TODO NUN ( JUASAP),
POR MIN NON HAI FALLO,PERO HAI QUE CONSULTAR CON….. VISTO BUENO¡¡¡¡ PODESE IR.

4 HORAS E MEDIA DE VIAXE,E CA MISMA A MENTALIZARSE,75KM. O PERFIL NON PARECE MALO,ALGO ROMPEPERNAS…ALTITUD MAXIMA 460M. BUENO….FACILONA,(ESO FOI O QUE PENSABAMOS POLO CAMIÑO PERO…PECAMOS DE SOBRADITOS.



O DIA ANTES XA HABIA MOITO COCHE CA BIKE (OU TAMEN DENOMINADA “PEPINO”)ENGANCHADA NO REMOLQUE,ESO XA NOS DEIXABA CLARO QUE A XENTE VIÑA CON GANAS.

SABADO 7:30H.TOCA LEVANTARSE DESAYUNAR E A CA MISMA A POLAS BIKES. SALIMOS DO HOTEL E CA MISMA….GRUPOS FACENDO SERIES(como algun que sabemos jaja),outros quentando¡¡¡¡ ¡ ostia ¡ non sera pa tanto¡¡¡ mira eses¡¡¡ esta sin bici¡¡¡ vaia pernacas¡¡¡ era xente toda veterana,tomabanno en serio,nada de rapasada nin de ningun bike de 120kg. Pachangueando por ahí. CUÑADO¡¡¡ AHORA XA ESTA, SI TEMOS QUE LEVAR NAS CACHAS….LEVAMOLAS,AQUÍ NON NOS COÑECEN.

XA NA SAIDA,(ALGUN) QUE AINDA NON ESTRENOU AS BOTAS (AS SIDI),QUEDOU PARVO CANDO VEU A TRES BIKERS CON ELAS,( AS MISMAS QUE ESTAN NO SALON COLGADAS DA PAREDE),MENOS MAL QUE NON TEÑEN FECHA DE CADUCIDADE SENON…

SAIMOS AS 08:30H. EN PUNTO,NIN UN MINUTO DE RETRASO (HAI QUE APRENDER), SAIDA LIMPIA ,RODEANDO O POBO, PARECIA QUE TODOS TIÑAN PRISA,PASABANNOS POR TODOS LADOS (ESO NON FACIA MAIS QUE RATIFICAR OS NOSOS TEMORES,AQUÍ HAI NIVEL) ,PERO…COSTA ABAIXO HASTA A …… ROLA. EMPEZAMOS PISTEANDO E NA PRIMEIRA RAMPA… O DE SEMPRE,TIÑANNOS ENGANADOS,A XENTE EMPEZA A QUEDARSE, MOITO MUSCULO, MOITA DEPILACION¡¡¡ MOITA BIKE…¡¡ PERO NADA. IMONOS SITUANDO NUN LUGAR COMODO, E O POUCO TEMPO RODABAMOS SOLOS. 
CHEGA O MOMENTO LAMEIRA, CAMIÑOS ENLAMADOS ,ERA UNHA MEZCLA DE LAMA E BARRO, PEGABASE E EN ALGUNS CASOS ENTERREBASTE, NON HABIA FORMA DE CONTROLAR AS BIKES( DIVERTIDO PERO PERIGOSO E CANSADO), E AINDA PORRIBA A NARANJITA IBA MONTADA CON CUBERTAS QUE NON AXUDABAN, CONSECUENCIAS…(COMO DIRIA O MEU IVAN… NON TRAIGAS PUPAS,ESTA VEZ TROUXOAS O TIO ).

A PRIMEIRA PARTE ERA UNHA MEZCLA DE CAMIÑOS E ASFALTO, RODADORA PERO ROMPEPERNAS. NO PRIMEIRO AVITUALLAMIENTO DESPOIS DA LAMEIRA ,HABIA MANGUEIRA PARA LAVAR A BIKE, 3 EN 1 PARA ENGRASAR ETC…MOI BEN,SON PEQUENOS DETALLES QUE SE AGRADECEN MOITO,UN 10, (E ASI EN TODOS).
A SEGUNDA PARTE FOI MAIS DURA (AHORA XA SEI PORQUE LLE CHAMAN PICOS) NA WIKIPEDIA PON:
DICESE DE UNA SUBIDA DE 100.200,300M. CON UN DESNIVEL DEL 20% AL 30% SIN DESCANSO,PARA LUEGO BAJAR Y VOLVER A SUBIR,CON PAVIMENTO ASFALTADO Y CASI IMPOSIBLE DE SUBIRLO EN BICICLETA (HASTA A NARANJITA PROTESTABA).


IMPRESIONANTES RAMPAS, POR AQUÍ NON HAI NADA PARECIDO.
QUE DECIR DAS VISTAS, PICOS DE EUROPA CON VISTAS O MAR.

ESTA CLARO QUE A CABRA TIRA O MONTE, PORQUE NAS SUBIDAS NON NOS PASABA NADIE, E FORON MOITAS (MINTO,UN BIKE ADIANTOUNOS E SUBEU SIN BAIXAR DA BIKE A RAMPA MAIS DURA DE TODAS, COMO LLE DIXEN EU…¡¡¡¡ HOMES DE VERDADE QUEDAN POUCOS¡¡¡¡

RESEÑAR, QUE COMO TINO, MAGA, GULLI E TAMEN AGUSTIN, COMO VERDADEIROS RODADORES,NESTA MARCHA CONSOLIDOUSE O MOROKO.
XA CONTRA O FINAL DA RUTA HABIA MOITO CHUPA RODA¡¡¡¡QUE SE PEGABA A NARANJITA E NON DECIA NADA (A PARTE DE MIN ,CLARO ESTA) HOUBO UN CHUPA RODA”” QUE SE METEU ENTRE NOLOS DOUS E VEÑA¡¡¡¡, A RODAR, NON DIXO NIN HOLA, CANDO ME CANSEI DIXENLLE,--QUE SE VA BIEN VERDAD¡¡¡¡ NIN PALABRA ,EL O SEU CHUPAR RODA E LISTO.(RESEÑAR QUE ANTES XA UN ASTURIANO NOS PASARA RODANDO, HASTA QUE A NARANJITA SE PUXO A TIRAR,CANDO O COLLEMOS….IGUAL DETRÁS SIN DECIR NADA ( EU FIXEN O MISMO PERO EU SON DA FAMILIA JAJAJA) TODOS EN FILA INDIA ,PERO A NARANJITA TIRANDO.

COMO NUNHA RUTA COMPLETA QUE FOI ,NON PUDO FALTAR UNHA BAIXADA MOI TECNICA,DURA PARA OS FRENOS E TAMEN PARA OS BRAZOS(PERO NOS BAIXAMOLA) NON COMO UN GRUPO DE BIKERS CAS SUAS “CARBONO” COLLIDIÑAS POLA MAN.

XA ESTABA CASI REMATADA PERO COMO SEMPRE SUELE HABER A SORPRESIÑA DE ULTIMA HORA,UN PINCHO CON GRAVILLA SUELTA (NUNCA SUFRIN TANTO MONTADO NA BIKE,PERO SUBINA),CONSECUENCIAS….UN PAR DE KM.MAIS ADIANTE…CALAMBRES NA PERNA QUE CASI ME DEIXA ROTO,PERO COMO ALGUEN ME PUXO O APODO DE “SUFREMAN” OU VAI OU REBENTA, SEGUIN SIN BAIXAR DA BIKE HASTA QUE ME PASOU,CONSECUENCIAS…. FASTIDIEILLE O SPRIN QUE TIÑA RESERVADO MEU CUÑADO PARA UNS BIKERS QUE COMO SUELE SER …RODANDO CASI O FINAL COLLERONNOS E QUERIANNOS ARRANCAR OS OLLOS (BUENO…NON ERA PARA TANTO PERO ALGO,,,).NON PASA NADA.


5 HORAS 4 MINUTOS, 75 KM. POSTOS 56 E 57 ,E O PAVILLON BEN ALTO,SOMOS TRISQUELES.


  A ORGANIZACIÓN UN 10,DE TODAS AS RUTAS SIN DUDA A MELLOR,CONSECUENCIAS…. PARA O ANO HAI QUE VOLVER.

INFORMACIÓN: http://lacostapicos.com/

CRÓNICA: DIEGO CASAL.

xoves, 13 de xuño de 2013

080613 INVERNO DENDE MONFORTE.

Asisten:
David, Diego "Sufreman", Maga, Tino, Moroko, Uzal o Intratable, Gulli, Pantani, Cadilla, Piru e Agus "o series". Dende Lalín, Elías e o seu amigo, residente tamén en Catoira chamado "o home do maso".
Obxetivo: Monforte-Lalín-Valga
Itenerario: camiño de Inverno de Santiago ata Lalín. Camiño Sanabrés dende Lalín a Santiago. Camiño portugués ao revés ata Valga.
Din que o camiño de Inverno era o que antigamente facían os peregrinos para evitar os altos cumios cubertos de neve do Cebreiro e do Poio, entre outros.
Agora ben, se o peregrino que optaba pola alternativa do Camiño de Inverno pensaba que ía ter unha ruta cómoda e placenteira, que non ía ter que afrontar grandes desniveis ou nevados cumios, que enganado estaba, ou mellor dito, como o enganaron en Ponferrada, lugar onde comeza esta variante do camiño.
Logo de comprobar durante dúas horas as (malas) artes de Maga facendo de casamenteiro (que llo pregunten a Piru e a Rosa, a conductora) o bus deixounos na ponte mediaval de Monforte preparados para afrontar un novo reto. Para case todos era poder desfrutar dun novo día de bici, de botar unhas risas, de meterse boa comida e de recordar as anécdotas que neste tipo de rutas sempre se dan. Digo case todos, pois David, o noso David o da Ponte, sendo como era a súa primeira ruta longa, na hora "Trisquel" da comida, ter non as tiña todas consigo. Quedábanlle 60 kms... que pensaba que se lle farían eternos e "dolorosos". Que equivocado estaba.
Pero normal que o pensara. O anterior de mañán, de Monforte a Lalín o camiño é sen dúbida o máis duro de tódolos que fixemos. A pesar de que os primeiros 5 kms son por asfalto, a partir de ahí o camiño convírtese nun auténtico rompepernas, nunha espectacular locura. Moitos tramos preciosos, si, pero moitos tramos que tivemos que facer a andar. Manterse enriba da bici, como dicilo, utopía ou quimera, escollan.


Iso si, despois dun descenso súper empedrado, atopámonos cunha paisaxe espectacular: o encoro de Belesar. Logo de disfrutar do lugar, do silencio e da calma, adentrámonos en terras de Chantada ascendendo a ladeira oposta por unha antiga calzada romana de xeito directo e pronunciado. 31% de desnivel dixo algún que había. A caminar se ha dicho!!


Logo Chantada. Foto. Avituallamento e volta a comezar pensando no inminente: o Monte do Faro. Aquí, no fragor da subida, co grupo roto, pois nunha subida coma esta, longa, dura, pronunciada, cada un ten que ir ao seu ritmo. O que non entenda esto, simplemente é que non o quere entender. 

Aquí cada un ao seu: Uzal, o Intratable, marcando un ritmo espectacular e demostrando que o seu tamén son as rutas longas. Como diría Moroko: "como esta..." Co gancho nos levou ata arriba.
Maga emocionado recordando aqueles anos nos que acudía a romería que neste monte facía Don Manuel. Outros facendo fotos. Pero o que máis e o que menos, querendo chegar arriba.
Ata Lalín, moita vaca, moita cuadra, moito verde, pero sobre todo, moito rompepernas.
A Galicia profunda.
En Lalín, a pesar da insistencia do "intratable" Uzal por ir a xantar ao mesmo bar da ruta de Ourense (el sabrá porqué..) decidimos facelo nun situado na carretera de Lugo. Como acontecera o día de Abadín, un acerto.


A cara de David a medida que a tarde e os kms ían caendo e que Santiago cada vez estaba máis próximo era de satisfacción. A pesar dos temores previos, ía pasar, e con nota, a proba nesta súa primeira longa.
Igual cara ou parecida traía Diego o cuñadísimo "Sufreman". Simplemente coma un toro. O Moroko xa sinte detrás súa os bufidos dos seus dous cuñados. Piden paso. 
O que tamén pedía paso baixando Ponte Ulla era Piru e a súa flamante nova Boamorte. Lástima que nunha curva, deixou de pedir paso para parar bruscamente contra o chan. Boamorte estreada. Sen consecuencias para o líder e para a súa máquina. 
Preto de Santiago, continuos ataques de Maga. Curiosos ataques estes: el di cando atacar e el mesmo establece a meta do ataque. Claro así sempre gaña el. Pura lóxica. Lóxica de Maga. Está claro que esto do seu amigo Tino, aprender non o aprendeu. Este todo o contrario. Ao seu ritmo, o importante é rematar ben. Veterano.


O grupo comandado por David entrou pola praza do Obradoiro logo de 140 kms duros e a pesar de que ainda quedaban 20 kms para a fin, non nos tiñamos que preocupar. Estando o rodador Agus "o series", sabiamos que con el marcando o ritmo e os demáis chupando roda, chegar a Valga ía ser doado e sobre todo... rápido...
Haberá que ir organizando xa a próxima. Aceptanse suxerencias. Ferrol, Vigo, Trevinca... que máis da... o importante é desfrutar dun día de bici en compaña de bos amigos, ou non?.
Crónica: Gulli.

xoves, 6 de xuño de 2013

010613 UN SABADO CON BOA COMPAÑÍA

Vivan os anos 70, 80 e 90 nos que España ganaba eurovisión,o Madrid era o millor equipo do mundo e donde un home era na casa (o jefe,o ser supremo un dios para que nos entendamos), e non como hoxe en dia.............
que teño que levar a nena as actividades......
que a chati fixo pláns.....
que Agus esta soñando de que lle gana a Maga e lle saca dez minutos a Uzal e (despois desperta).
que o clan da ponte (clan tv) por que non veu ningún.......
que Rubén foi ver como o CELTA e de primeira.
e o de Noya..(que grandes esperanzas tiñamos postas nel)......
e Diego estarame cortando os eucaliptos.
Tino voteite de menos.
En fin o que ibamos, suntouxe a fame ca jana de comer (Maga, Uzal)(Uzal, Maga) o orden como queirades. A donde imos ¿dixen eu de inocente?. Imos cara a Muralla e asi tiro a volta cara Boiro.
Pa que diría que sí (menuda trampa me tiña preparada) pois o tipo este dende que desayuna RED BULL esta que se sale.
Tiramos cara Catoira e cruzamos o puente, metemonos polo monte e de pronto non sei como estamos na carretera empezando a subir a APARADEJUA, levoume como un chicle estirando e encollendome o seu gusto (subimola a 25) e a todo esto non parau de falar en todo o tempo
chegamos arriba a xa me tuven que sacar a mitad de roupa
O que me espera pensaba eu mentras comía o platano que levaba para toda a a ruta, pero alí tomei eu os mandos pero a miña sorpresa foi cando dixo UZI ¿POR AQUI MAGA QUE CONOZCO EU?.
SORPRESA SORPRESA, trialeras, pedras, mais pedras, e sempre mirandolle po cú, pois non lledaba pasado. Ganou premio montaña, meta volante e etapa, e eu fun o millor master 40.


En fin seguimos. tirou de mín todo o que quixo e solo cando lle notei un pouco de baixon foi cando intentei atacar, (ERROR...baixou dous piñóns e volveron as cousas o seu sitio)o que pasa e que el sabia o camiño e atacaba cando quería.
Así todo o camiño ata que coronamos (que por certo tamén lle ataquei nos últimos metros e non oubo maneira de JANARLLE).


Unha tarde bonita e foi unha pena que non estuvérades todos.


Crónica: Maga.

martes, 4 de xuño de 2013

300613 Campeonato Galego Maratón BTT‏


IV Marcha Sendas Verdes da Pobra. Campeonato Galego Maratón BTT
Data do evento: 30.06.2013 10:00
Data límite inscrición: 27.06.2013 20:00
Organizador: Club Ciclista Monforte
Modalidade: Ciclismo Montaña XC-Maratón
Distancia: 60 kms.
Lugar: Pobra do Brollón

DESCRICIÓN

Horarios:
08:00 – 09:00 – Recollida de Chips.
09:15 – Formación de parrilla de saida.
09:30 – Comenzo da competición Campeonato Galego XCM.
09:40 – Comenzo IV Marcha Sendas Verdes da Pobra.
13:30 – Entrega de Trofeos.

Datos do circuito:
Distancia total da prueba: 60 Km.
Ascenso acumulado no circuito: 2.025 metros.

Avituallamento en Km 29.
Duchas ao finalizar a proba.
Cómo chegar:
Dende Ourense:
N-120 dirección Ponferrada - Monforte,
ao pasar Monforte coller a LU-652
dirección A pobra do Brollón.
Dende Lugo:
Dirección Monforte, á altura de Bóveda
continuar LU-652 dirección A Pobra do
Brollón
Dende O Barco de Valdeorras:
N-120 dirección Monforte, coller LU-653
dirección A Pobra do Brollón


020613 2ª Ruta BTTinto.

A Ruta BTTinto resultou todo un éxito ao congregar na sua segunda edición a 1.934 participantes, unha afluencia moito maior que o ano pasado (1.150). Os ciclistas percorreron 46 quilómetros polos municipios de Ribadumia, Meis e Meaño, atravesando a Ruta dá Pedra e dá Auga. Efectivos de Protección Civil evacuaron en ambulancia a seis corredores feridos, algúns con fortes contusións e outros mesmo con fractura de nocello ou luxación de ombro.