mércores, 22 de maio de 2013

LOS 10.000 DEL SOPLAO


Inferno cántabro... así é como acertadamente lle chaman.
Con este sobrenome ou presentación é fácil deducir que o que imos atopar, imos a vivir e sobre todo sentir, vai ser un, ou eso se deduce, un auténtico sufrimento.
De entrada a cousa promete ser dura, pois ao anunciado "inferno cántabro" tamén se   anuncia outro inferno para o sábado 18, o mal tempo... chuvia, frío e incluso neve. 
Así pois, dispostos a descubrir os "encantos" desta afamada e multitudinaria marcha-carreira, ás sete da mañán, unha hora do horario estipulado para a saída, ahí estabamos dous Trisqueles, Agus e este que lle escribe, acompañando os Ultreia neste novo e difícil desafío: Los 10000 del Soplao.
Unha impresionante conta atrás por parte de 5000 bikers e un petardazo cando o crono se pon cero marcan o inicio desta, volvo a repetir, marcha-carreira, pois creo que no momento que no dorsal tes un chip de control de tempos, a cousa se convirte en calquer cousa menos nunha marcha.
Impresiona pasar por debaixo do arco de saída e observar a moitisima xente que se apiña a ambos lados da estrada para velo comezo da proba. Parece a saída dunha gran volta ciclista.
A miña saída, tranquila pois considero que sair a "machete" polas rúas de Cabezón de la Sal a adiantar xente, podo ou ter un percance ou provocar un percance no que arruine un prometedor día de bici a min mesmo ou a outro biker.
O primeiro que subimos sobre o km 20 vai a ser La Cocina, unha selectiva subida na que a gran cantidade de bikers fai que para adiantar teñas que ir literalmente por enriba das pedras. Pouco antes desta subida onde impresiona velo gran xentío que abarrota as  cunetas, paso a Agus, Alberto e Toribio (dous amigos Ultreias) que na saída andiveron  máis "listos" colocándose máis para adiante ca min.
Nesta altura o obxetivo e alcanzar a Simal, bo amigo e bo Ultreia, pois acordaramos   facela ruta xuntos... pero que, enfrascado este na súa particular e eterna "guerra" con Gonzalo, Ultreia e amigo tamén do catedrático Simal, arrancou, igual que Gonzalo, coma un misil.
Pouco despois de coroar La Cocina alcanzo a Gonzalo e pouco despois, pouco antes de    iniciar a subida por asfalto ao Alto do Soplao, a Simal. No alto quedo sorprendido co  que será unha constante durante toda a ruta: os avituallamentos. Simplemente impresionante a amabilidade da xente que facía que o único que tiveras que facer era por pe a terra. Nada máis. Enchianche o botellín co que quixeras abrindo e pechando eles o tapón, abríanche os enviltarios das barritas ou do chocolate, o plátano listo para comer... vamos... que nin os guantes tiven que sacar en ningún deles. Simplemente, un dez.
Logo espectacular baixada por un camiño con moitísima lama e na que manter o equilibrio resultaba difícil e na que uns paisanos quedaron sorprendidos de que fora capaz de ir comendo un plátano e manter o equilibrio. Señores, veñan un sábado ás 4 da tarde cos Trisqueles e entenderán o motivo. Temo que tanta lama acabe repercutindo negativamente na miña transmisión... pero xusto abaixo un novo detallazo da organización: mangueiras con auga ca que limpiaban a cadea e os piñóns e posteriormente engrasaban. Comezo a darme conta de que esto é outro mundo.
Ao pouco, ascensión preciosa ao monte Aa. Primeiras tres kms por cemento raiado e logo por pista, onde agradecerei o detalle dunha señora e dunha nena que nun curva repartían gominolas.
Despois dun prolongado e rapidísimo descenso por camiño de monte con moita pedra pequena que dificultaba o paso polas curvas, chegamos ao pobo de Requena. Aquí é sorprendente a xente que ves animando cando entras en dito lugar, pero cando enfilas hacia a ponte romana que debe ter dos metros como máximo de ancho e ves toda a xente que esta ao outro lado esperando para ver o paso dos ciclistas, simplemente abruma. Pel de galiña, como diría o Moroko.
Pouco despois, sobre o km 70 comeza o primeiro puertaco: O Moral. 13 kms de continúa subida. Despois baixada e uns kms de asfalto ata chegar a Barcena, onde máis que un avituallamento o que alí atopo é unha feira: de todo había e de todo tiñas.
Pouco despois, segundo puertaco no km 95: A Cruz de Fuentes. Este col de 12 kms é un pouco máis duro que o anterior, ainda que tamén por pista de monte. Sobre a mitade do porto vexo a Gonzalo, o Ultreia, que non parando nos avituallamentos pasounos diante. Decido neste punto abandonar a Simal e comezar a aventura en solitario. Nunha "guerra" entre os dous amigos Ultreia non pinta nada un Trisquel, ainda que durante 70 kms fora o gregario de luxo do meu amigo Simal. Gonzalo sabrá perdonarme...
Con bastante frío pero sen chuvia, que a pesar das previsións ainda non aparecera (nin aparecerá) chego ao alto e comezo o descenso, máis curto do que eu pensaba xa que o pouco comezo o ascenso a un alto, Ozcava donde, nun auto de "arrepentimento" decido esperar no avituallamento por Simal. Pero como aos sete minutos este non aparece decido arrancar, pois o frío no corpo non acostuma a ser un bo compañeiro de viaxe.
Logo dunha pequeniña subida, descenso rapidísimo por carretera cunhas perigosísimas curvas e posterior paso polo "correpoco". Este tramo para min é o único que sobra en todo o recorrido, pois ir na bici resulta imposible xa que o risco de caer ou de ter unha avaría é moi probable.
Despois ao pouco, terrorífico ascenso ao Negreo. Eu creo q nunca subira 6 kms máis difíciles que estes. Os primeiros 3 kms, de cemento raiado, unha burrada. Rampas do 30 e do 25 po cen, sen máis. Menos mal que compensa semellante sufrimento os ánimos co que a moita xente que se apiña neste porto, intenta darche forzas. Esta mesma xente é a que che di que os últimos 3 kms son máis tendidos... e é verdade, pero máis tendidos con respecto ao 3 primeiros kms...así qué xa vos podedes imaxinar que de fáciles non tiveron nada.
Despois sube e baixa, descenso rápido e prolongado ata facer os últimos 7 Kms por estrada ata Cabezón, onde, seguindo a tónica habitual do día, un impresionante xentío se apiña na meta para vela chegada dos ciclistas e corredores.
9:43 marcou o reloxio de meta cando pasei por debaixo del. Para o ano xa teño obxetivo: 9 horas e 42 minutos, pois logo do ambiente, de disfrutar tanto enriba da miña bici, queda claro que volver vou volver.
Señores, circuito para carreteros... pero que maravilla.

Crónica: Gulli.

Ningún comentario:

Publicar un comentario