martes, 23 de abril de 2013

100 % TRISQUEL


O Cebreiro, cuna de innumerables lendas e de outros tantos episodios a través do paso dos anos e da historia, foi o lugar escollido para o comezo ou a continuación doutra particular lenda, a dos camiños de O Trisquel.
Recoñezo que me tentaba a odisea plantexada polos nosos amigos dos Ultreia de sair de Ponferrada e facer dun tirón o camiño ata Compostela... pero recoñezo, como logo relatarei, que para nada me equivoquei escollendo O Cebreiro coma punto de saída.
Así pois, como diría o exministro de Defensa Trillo -"al alba y con viento de ponien...- de norte (iso digoo eu)" catro bikers montaron nun furgo-taxi cun único obxetivo: O Cebreiro-Valga.
Contabamos con que a primeira hora fixera un pouquiño de frío, pero co que ninguén contaba é con semellante frío. Ese vento de norte do que antes vos falaba, non é o mesmo en Valga que no Cebreiro. E claro, todos de culote corto... montando as bikes... fixo que por exemplo ao Moroko lle tivera que abrochar o casco este que lle escribe... pois as mans estaban xa preto da conxelación... ou eso parecía.


Así pois, saimos desexando atopar canto antes un Xesteiras, unha Muralla para quentar canto antes. Moito os botei de menos a esa hora.
O estilo Trisquel manda que a media mańán hai que parar a tomar un par de donuts acompañados dun café. Parada de rigor de 20 minutos e continuación para chegar a Triascatela, xa a boa temperatura corporal, pois a subida previa ao alto do Poio fixo que todo o frío que traiamos, na primeira rampa, desaparecera.
De Triacastela tomamos a alternativa á dereita por San Fiz. Simplemente espectacular o rodar por eses camiños, entre esas carballeiras.



Sobre as 11:15 da mañán chegamos a Sarria, onde aproveitamos para atracar unha pastelería e agardar vinte minutos por dous Ultreia que sairan tamén do Cebreiro.
Así, cun grupo de seis bikers, de Sarria saimos á busca de Palas de Reis, pasando primeiro por Portomarín e puidendo observar o cheo que ía o embalse, pois do antigo Portamarín ou dos seus restos, nada puidemos ver ou intuir.
Voltamos os Trisquel a quedar solos, disfrutando dos camiños, das peregrinas, das trialeras... disfrutando logo dun "mollado" inverno, do sol.
Antes de Palas atrapános un primeiro grupo e con eles chegamos a dita localidades.
O código Trisquel marca que sobre as dúas-tres da tarde, obligatorio parar a comer sentadiños e con tranquilidade. Así, mentres disfrutabamos duns bocadillos quentes, no meu caso de bocadillo e medio, sentados nunha terraza e disfrutando do sol e dunha xa formidable temperatura, vimos chegar escalonadamente os Ultreia que sairan de Ponferrada ás sete da mańán. Foi un visto e non visto. 
Logo de acabar de degustalos mencionados bocatas, volta á bike e agrupados (como todo o día, esquecíame de comentar) saimos á busca de Melide, Cerne de Galicia.


A caída na maratón de Rianxo e un mal día fixo que Diego fose sufrindo todo o día polo que o ritmo foi un pouquiño máis lento pero grazas ao cal, disfrutamos (sigo insistindo) da bici e dos bos amigos. Recoñezo, que as veces o Moroko máis eu lle pagamos unha alegría ao corpo en forma de acelerón, pero nunca nunca sen perder de vista a Diego e máis a Agustín.
Melide e logo Arzúa e a diferenza en facer unha ruta con sol e boa temperatura... a facela con chuvia, frío, de noite e mollados, coma á última vez que pasaramos pola localidade do queixo cando fixeramos Abadín-Cesures. Non parece o mesmo camiño.
Ata Santiago, pouco máis que disfrutar da bici, da conversa e da amenaza do Moroko de atacar subindo O Amenal e despois A Lavacolla... simplemente unha lástima que ao final non cumplira a súa "amenaza".
Agrupados, como manda o código Trisquel en rutas longas, entramos unha vez máis os catro do Cebreiro na Praza do Obradoiro.


O que aconteceu baixando despois ata Valga... estimado lector/a... creédeme que quere outra crónica.
Ahh!!... nesta ruta tiñamos que ser cinco, faltounos Iván.
En cada subida, en cada baixada, lembrámonos de él e agardamos que pronto volva a deleitarnos co seu rodar e ca súa amistade. Adiante Iván!!!

Crónica: Gulli.

Ningún comentario:

Publicar un comentario