martes, 9 de abril de 2013

070413 1ª MARCHA CONCELLO DE RIANXO


Noraboa á peña ciclista Castro Barbudo pola primeira ruta BTT ó concello de Rianxo, ca que nos obsequiaron. Aínda que o día non acompañou moito a verdade é que do resto non hai pouco do que queixarse, ruta ben señalizada, os avituallamientos nada que decir, motos, quads, pinchos, etc, a organización un 9 pois non é fácil con tres percorridos como eles tiñan (un de 20, outro de 40 e outro de 60) ter todo tan ben controlado. 
Unha pequena pega, foron os primerios kms. Xa que algúns puntos por onde descorría eran moi estreitos (e se sumamos o barro), formaron bastante tapón.Pero supoño que non había moitas mais alternativas sen ir por carretera. 



Os nosos bikers repartironse en varios grupos. No dos pros, Gulli, Moroko e Iván. Pero co paso dos kms tiveron que romper o seu tridente, xa que a dureza do percorrido, o ritmo alegre e as inclemencias metereolóxicas fixeron que as pernas do Sr. Moroko non lle deran para aguantar no grupeto, e finalizaran a marcha por separado.




Algo parecido lles sucedeu o tridente Uzal, Diego e Jorge. Despois de varios kms xuntos, os dous primeiros agruparonse con Jorge no avituallamento. Pero na longa, mollada e fria ascensión a Muralla. Ocasionou que cada un rematara a batalla pola súa conta.


Por último os que fixeron a marcha de 40 Km. Boby, Víctor e Lúis. Non sei moito de como lles foi. Pero polo pouco que me contaron. Nesta alternativa atopáronse moita zoa de barro, que fixo exprimir a fondo cada pedalada.

En resumen que tendo A Muralla, entre as nosas saidas habituáis. Creo que máis dunha vez tomaremos as alternativas dos amigos de Taragoña. 


 

Mini crónica: Uzal.

PD: Agustín, non me olvido de tí. O noso Agus tivo a mala fortuna de partir a cabeza dún radio no km 10, que lle obligou a ter que abandoar.


FOTOS E MAIS INFORMACIÓN: 


http://www.castrobarbudo.com/drupal/
http://fotosderianxo.com/2013/04/08/1a-marcha-btt-concello-de-rianxo/


Ningún comentario:

Publicar un comentario