martes, 19 de marzo de 2013

160313 II TROFEO BTT-XC INTER RIAS - C.C.CORBELO


Despois de toda unha semana cun mar de dudas de si vamos a Portonovo,non vamos a Portonovo, porque chove,porque da temporal,etc....ao final cun par de c.......ollóns  decidimos ir alá,os dous "abueletes"do club ejeje (Tino e Elias) e mais eu(Rubén), a facer a estrea do noso clube no open galego de xc e a darlle unhas quenturiñas e un pouco de alegria ao corpo porque o dia a verdade que estaba  de "perros" pero ao fin e ao cabo o de perros so se queda no ámbito climatolóxico porque no deportivo todo o contrario porque nada mais chegar a Portonovo atopámonos cun bo ambiente e co milloriño do nivel galego de montaña asi que como o mellor do mellor estaba alí nos non podiamos faltar.


Dende o que podiamos prever Tino mais eu un circuito "rodador" e que se adaptaba ao  noso gusto pero resulta que ao final atopamonos un circuíto ao noso gusto pero con barro e as baixadas perigosas por mor da choiva pero que ao fin e ao cabo un circuíto espectacular e moi bonito por eso dende aqui darlle as felicitacións ao CC.Corbelo polas suas labores de creación do circuíto.


Ao fin e ao cabo coma que non quere a cousa volvemos a deixar unha boa imaxe para o noso clube realizando un gran traballo,tanto por Elias que se estreaba no mundo da competición e do xc facendo 21ª posición e entrando no control dos non doblados algo moi meritorio despois de ver como esta o nivel en M-40 que anda polas nubes jajaj e eu facendo 5º en sub-23 e cunhas moi boas sensacións que nunca sentira enriba da bici e sobretodo cabe destacar a gran actuación de Tino facendo unha mais que meritoria 2ª posición M-50 e estreando o palmarés do noso clube enfin todo un exito a nosa estrea no open de xc do 2013.


Tamén cabe destacar a actuación do noso amigo e compañeiro Alberto do cc.Dumbría facendo 3ª posicion en senior e rendindo a un gran nivel.


Ata aqui por hoxe e para a próxima espero que máis e mellor e xa sabedes que os que esteades en dúbidas de probar a sentir o flow da competición no dubidar porque as palabras do meu compañeiro Elías unha vez finalizada a carreira que din ¿Cando é a proxima que xa teño ganas? xa o din todo da súa primeira experiencia competindo.


CRÓNICA: RUBÉN.



1 comentario:

  1. GRANDEEEEE TINO!!!!!!!!!!!!!! PA Vigo levarei o champan ou o Likor kafé. Esas copas hai que enchelas xa no podium jejeje.
    Vemonos, e Traédeme a Moroco pa que me veña facer compañía en Master trinta.
    Saudos familia.

    ResponderEliminar