E coma de falar alto e claro se trata, dicir da mesma maneira que se non chegamos, senón "asaltamos" o col da Muralla foi, única e exclusivamente, por culpa dun biker ao que chaman Gulli, vamos eu mesmo.
O peor é que, con tantas paradas, estropeille a ruta ao noso amigo Iván. Coma non podía ser doutro xeito, a ruta escollida polo líder do Clan de Isorna-Catoira de fácil non ía ter nada.
Por Lestrove ascendemos xa de entrada o monte do Santiaguino e de ahí fomos dar, logo dun pequeno descenso a preto do Pexegueiro. Logo toca subir; non é a primeira vez que subimos unha trialera brutal que ahí comeza, polo que todos sen excepción " agarramos" ritmo para chegar arriba o mellor posible. Neso estabamos cando... oh sorpresa... pareceunos escoitar que descorchaban unha botella de champán e en lugar dun tapón (que sería o agardado), pasaba Magariños atacando dende atrás e deixandonos a todos anodados... iso si, un par de segundos, o mesmo tempo que o efecto do corcho da botella do susodito líquido tarda en pasar...
Seguimos rodando e, non meu caso, con mais pena e menos gloria, chegamos ata a Chisca para dende ahí apartar á esquerda e seguir un tramo pola nosa kedada do febreiro pasado. Pouco despois, Iván guía ao pelotón por camiños, por lameiras, por auténticos "rios", por sendeiros cheos de ramas ata preto do Araño.
Teño que recoñecer, que noutras circunstancias houbera disfrutado coma un neno, pero cos problemas anteriormente referidos, recoñezo que o sábado pasado pola tarde acordeime un pouquiño do noso guía... ainda que Iván sabe de sobra que a pesar de todo o aprecio e estimo en demasía...
Logo, o de sempre, o de tódolos sábados, luces... e a Santa Compaña, un Santa Compaña neste caso, errática, perdida e desnortada, xa que debido en parte á noite pechada e a os camiños destrozados a causa dos traballos no monte, o capitán de ruta ordenou, logo de buscar e rebuscar rutas alternativas, logo de ir para voltar, e logo de observar sobre todo claros síntomas de motín por parte do pelotón, decidiu e decidimos regresar dende o Araño pola comarcal ata Bexo e dende aquí polas brañas ata Cesures.
Antes de pechar, darlle as grazas a Anxo o das Cabras por acompañarnos neste sábado... e pedirlle tamén perdón por esta ruta tan accidentada.
E sobre todo, grazas a Magariños e a Tino pola súa entrega para intentar reparar, como di o Moroko, o meu ferro.
Queremos adicarlle esta crónica e mandarlle unha afectuosísima aperta a Tino, neste día e nestas horas tan tristes para el e para os seus. Ánimo!!
Crónica: GULLI.
PD: Déixovos a crónica de Anxo, que tampou tén desperdicio: http://lascabrastiranalmonte.blogspot.com.es/2013/01/os-bos-costumes.html
Non foi para tanto Sr. Gulli, que averías témolas sempre.
ResponderEliminarVás ter que mirar se e problema e da bike, do mecánico ou do propio biker que anda moi forte, e a pobre specialized non che dá aguantado o ritmo. Je je je.
Por certo, Outra grandísima crónica so lle aumentaría a distinta fauna que nos acompañou o outro día: unha Cabra, un castor, unha pajara (que rompe troncos co peito), e algún que outro piloto de moto GP
Boisima crónica unha vez mais Gulli. Secundo o que di Uzal, un día de mala sorte teño calquera. Moitas gracias e sigue así...
ResponderEliminarYa me dijo Anxo que alguno pregunto por mí... así que estreno vuestro blog ya que de momento no puedo sumarme una tarde de sábado a vuestras expediciones, pero nos veremos!!!
ResponderEliminarNunca andar en bici será NADA DE NADA, fueron kilometros y en muy buena compañía. Me recordó las vueltas que se hacian antes, sin prisas, sin destino y lo más importante, DIVERTIDÍSIMAS.
ResponderEliminarParece que los vaciles de Moroko te afectaron, no te preocupes su bici-butano algun dia reventará, sino lo hace, te hecho una mano y le pinchamos la rueda o algo :)
Aquí tienes mis opiniones sobre la aventura http://lascabrastiranalmonte.blogspot.com.es/
Repetiré!!! Quizas este mismo finde, pues mi bici sigue en Padrón. Ya os confirmaré si aparezco.
Saludos familia.
Eu creo que para a próxima volta a España, teñenche que contratar para facer as crónicas e deixar a perico a traballar nas bateas. Un crack.
ResponderEliminarDicir que hubo un momento que estábamos a 5 km da Muralla. Pero somos atravesados.........Je je je.
Simal, Anxo pronto compartiremos xustos mais pedal..............................