sábado, 1 de decembro de 2012
221112 SAIDA DE OUTONO
TRACK: http://connect.garmin.com/activity/246349653?fb_action_ids=493150690715560&fb_action_types=og.likes&fb_source=aggregation&fb_aggregation_id=288381481237582
Neste meses de Outono celebrase unha das grandes tradicións galegas como son as reunións de amigos e veciños para a celebración dos magostos.
Dou por suposto que no transcurso da vida, quen estea lendo esto, terá participado alomenos nalgún magosto. E se atendemos ben ó que alí ocorre, pronto nos damos conta que os membros participantes en cada un destes magostos están facendo algo máis que comer, beber, e se divertir a pracer. Tamén se están sentíndo parte integrante dun grupo, e sabéndose compoñentes dunha categoría concreta de persoas coas que conta a comunidade.
O noso magosto particular. Celebrase cada sábado pola tarde, sen importar que chova, venté, faga frio ou calor.
Xuntamonos para facer as nosas rutas " sentindonos parte integrante dun gran grupo" , cheo de motivacións, ideas e ganas de gozar do deporte que nos une.
Por sorte cada día o noso pelotón aumenta o número de bikers. E na nosa comarca xurden mais grupos, peñas e clubs.
A saida deste sábado non sera recordada por ser unha das mellores, pero sí por os seus asistentes.
Xa me tarda a ruta deste sábado, donde espero ver os habituais, os novos e a todo aquel que nos queira acompañar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario