luns, 19 de novembro de 2012

PRÓLOGO CAMIÑO DO NORTE


Á mañá do día seguinte á ruta do Camiño do Norte dende Abadín, cando o que máis e o que menos se foi levantando e observou o estupendo día que facía, non puido, como diría o Moroko, máis que "xuramentar".

Día de inverno frío e soleado, sobre todo soleado... todo o contrario que vintecatro horas antes... visión esta do astro sol que orixinou que dende Catoira a Dodro pasando por Valga e por Cesures, e dende O Rial ata á rúa Carlés pasando pola Estación e pola rúa Diputación, se foran escoitando paulatinamente ao longo da mañá xuramentos, maldicións e mecagoen... que a xente que os escoitaba pensaba a fin do mundo estaba próxima...

O recoñezo, eu fun un deles...

Pero a medida que foi pasando o día dinme conta, ou creo que me din conta de que para que unha ruta alcance a xenialidade ten que estar rodeada dunha grande épica, e esa, queridos compañeiros de bicicleta, soamente se alcanza cando se fai en complicadas condicións ou en medio de grandes adversidades.


Por eso, o Camiño do Norte dende Abadín, sen pinchazos, sen cambios avariados, sen bicis sen frenos, sen kms e kms de lameiras, sen noite e sen chuvia e frío, sobre todo sen chuvia e frío nunca, pero que nunca sería unha ruta que co tempo, se convertirá nun referente do que falar e sobre todo, presumir... 
O tempo...

Continuará.......................

CRÓNICA: Gulli.

1 comentario: