Boas a todos os bikers e seguidores deste blog.
Hoxe estrénome no blog ao igual que o domingo na carreira de ciclocross en Santiago, cá inteción de contar a miña experiencia de 1ª man. Espero facelo da misma forma que o domingo, con bo pe.
O domingo as 8:35 horas comezamos o gran día e como sempre para estes eventos,aventuras e todo tipo de probas relacionadas co mundo da bike nin despertador fai falta, xa que cas ansias de rodar xa se levanta un só da cama. Seguindamente non pode faltar unha boa cunca de leite para coller forzas que boa falta ían facer.
Logo de sair da casa e chegar a Santiago. Xa me atopo cos mais madrugadores mirando o circuito,facendo rodillo ou incluso tomando o seu correpondiente colacao ou cafe con gotas no chiringuito do monte Pedroso, Je je je.
Como sempre non pode faltar o bo ambiente nos eventos relacionados con este deporte que quizais sexa a súa maior virtude.
Depois de recollida do dorsal e listo para a batalla partimos a dar un par de voltas de reconocimiento ao circuíto donde me atopo a úns ilustres deste deporte como son: Pepe,Kiko,Catoira e Mario, e sobre todo o gran personal trainer Constante que sempre cha aconsellan como é que debes facer en cada parte do circuíto que sempre é unha gran axuda aínda que non o pareza.
Aparecen os primeiros percances na miña gran compañeira de batalla. Non lle vai o platillo e solo podo correr co plato o cal se me ia facer moi duro,pero como non hai mal que por ven non veña o noso compañeiro Fran Castro (clube ciclista padronés) dame a solución e prestame a súa bicicleta e inculso uns rodillos no seu stand para quecer mentres corren os masters e resto de categorias. Polo cal lle teño que dar as gracias.
Unha vez listos na meta para a saída empezan o nervios e as ansias por coller boa posición o cal resulta moi difícil e un débese buscar a vida. Pero postos xa na carreira o primeiro repetiño vai poñendo as cousas no seu lugar. No cal eu aguanto bastante ben o ritmo de cabeza do pelotón pero solo ata a metade do circuíto porque logo hai que decidir dosificar as forzas. Xa que como dí o meu gran compañeiro de equipo da volta Galicia btt Mejuto ai que aplicarlle a marcha a golpe de pistón.
Así que esa é a que decido aplicar eu e atoparme comodo en carreira notando que levo un bo ritmo e os galgos de cabeza de carreira non apararecen para doblar o que sempre é un plus para seguir hacia diante cá moral, ata que xa case finalizando o tempo de carreira establecido que é 1hora (pero que horaza máis intensa jajaja), aparecen os galgos doblando e de que maneira....
Finalmente cada un debe marcarse os seus retos e as súas metas sen pensar nos demais, e o meu reto era participar e acabar a carreira, asi que obxectivo conseguido e con boa nota agora a seguir!!, e si alguén esta dudando en practicar o ciclocross que non o dude porque e unha disciplinama para disfrutar moi bonita e IMPRESIONANTE!!.
Eu animo a todo o mundo que o intente e tamén aos compañeiros do clube, para facer un bo equipiño para participar nas carreiras de xc que seguro que non se arrepentiran!!
CLASIFICACIÓNS:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1082_Clasificaci%C3%B3n.pdf
FOTOS:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5814846200556695873?banner=pwa
Saudos.
Crónica Rubén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario