martes, 9 de outubro de 2012

PROPOSTA PARA O 17/11/12 - RUTA CAMIÑO DO NORTE





Dende que o pasado 29 de setembro fixeramos o camiño dende Ourense, a
xente demanda máis "grandes rutas", máis viaxes. 
Todos ou case que todos que os que ese día puideron disfrutar dunha soberbia xornada quedou con gañas de máis, con gañas de máis kilometrada.
É evidente de que existen outras alternativas que non sexan os camiños
de Santiago para poder facer unha ruta longa, pois dende logo por
lugares para facela non será. Pero unha vez feito parte do camiño
Portugués, do camiño a Fisterra, do Inglés... creo que unha boa opción
sería ir facendo os camiños a Santiago que todavía non fixemos. 
Polo tanto estariamos falando do camiño Primitivo, do do Norte, do Inglés
dende Ferrol e do Francés.
A proposta esta vez; o camiño do Norte dende Abadín (Lugo) o 17 de novembro.
A Santiago son exactamente 141 kms+ 20 kms de Santiago a Cesures.
Por qué dende Abadín? Mondoñedo está a 151 kms de Santiago, pero os 10
kms que o separan de Abadín o fan a través dunha dura e exisinte
subida... por asfalto.
Por iso Abadín está ben coma punto de saída. O pouco transitaremos
pola "Terra Cha", por camiños e pistas moi levadeiros ata Baamonde,
pasando antes por Vilalba.
Logo, antes de Sobrado dos Monxes, alcanzaremola cota máis alta da
ruta (600 mts +-) transitando por unha zona na que non hai nin grandes
subidas nin baixadas e pola que chagaremos a Arzúa. Os últimos 35 kms
faremolos polo camiño francés ata Santiago.
Unha observación para rematar:
que ninguén espere unha ruta coma a de Ourense. Aquí atoparemos moita
pista. Trialeras máis ben non... pero bueno, o importante é coñecer
mundo, neste caso o interior de Lugo... que tamén ten o seu encanto...
Quen se anima? De momento somos cinco; MoroKo, Uzal, Diego, Boby e Gulli.

CRÓNICA: GULLI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario