luns, 1 de outubro de 2012

Im...presionante!!!‏


Uns chámanlle Camiño da Vía da Prata, outros o Camiño Sanabrés e uns poucos ata chámanlle Camiño Mozárabe. Logo de 121 kms de camiños empedrados, de camiños polo medio de rocas, por espectaculares trialeras, por camiños entre frondosos bosques e autóctonas carballeiras, por sendeiros e pontes milenarias, por todo iso creo que para nós, membros do bttpontecesures, ata o momento o Camino da Prata, Sanabrés ou Mozárabe é o CAMIÑO. A impresión que a todos nos deixou foi magnífica. Era común escoitar durante a ruta palabras ou frases como "estame encantando..", "que chulada..", "que bonito que bonito"... As caras na praza do Obradoiro, ao fin do camiño eran as de once persoas que acaban de disfrutar dun soberbio, magnífico e sobre todo dun sorprendente para ben día de bicicleta.


Todo comezou unhas horas antes, cando xa acomodados no bus puxemos rumbo a Ourense. Logo dunha viaxe na que poidemos escoitar unha "soberbia musica", apeámonos preto da ponte romana para iniciar dende ahí o camiño, elixindo para sair da cidade das burgas a alternativa do Camiño Real por Cudeiro. Elixiramola ruta que elixiramos, para sair de Ourense tiñamos que subir ou si ou si. Por medio de pistas adoquinadas ascendemos os cinco kms, no que o ritmo foi claramente de reserva. Arriba, sempre en terreo ascendente e por camiños de monte, atravesando algunha ponte romana, deixando atrás aldeas abandonadas por Deus e polos homes, chegamos a Cea, coñecido este lugar polo seu exquisito pan. 


Logo, a saída (máis subida, por suposto) tiñamos de novo dúas opcións; por Piñor (a máis fácil) ou por Oseira (máis dura, máis complicada e máis longa). Non fai falla dicir cal escollemos... pero foi un acerto, polo camiño trialero, polas corredoiras, polo sendeiro de rocas, polo mosteiro de Oseira e polo km que tivemos que facer a pe, é dicir por movernos polo noso "habitual terreo". Unha maravilla, sen máis.



Dende Oseira, máis camiño, máis trialeras, máis carballeiras, máis remotas aldeas para chegar a Dozón pola antiga N-525 e coronar por esta o alto de Santo Domingo (818 mts), cumio da ruta. 
Descenso por camiño de terra ata preto de Lalín, donde o estómago e as pernas nos recordan que temos que parar.. xa.


 Bocata, cafés, conquista sentimental por parte dalgún e volta a rodar. Aquí únese a nos Elias e a súa nova Giant de 29. Agradéceuse que a segunda parte do camiño fora máis rodadora, case sempre por pista de monte, ainda que as veces o asfalto se fixera inevitable.


 Foi precioso o paso por Ponte Taboada a través dun camiño e dunha ponte ambos do ano 1100, o descenso rapidísimo a Ponte Ulla, o posterior durísimo ascenso logo de 100 Kms e o preto, logo de tanto subir, que pasamos do Pico Sacro.

Unha pista forestal perfecta para rodar e algunha que outra pista asfaltada lévanos ata a última subida á altura da Santa Lucia. A partir de ahí, entrada por Sar a Santiago e nova conquista da Catedral.
Así, ca cara de Uzal na comida, cas artimañas de Maga para desfacerse dun 29er, co encomiable saber sufrir de Diego, co sorprendente de menos a máis de Boby, cos eternos pinchazos do Moroko, ca sabiduría de Tino, ca paciencia do Esfola Arrós Daviz para adaptarse o noso ritmo, co temor de Alberto por afrontar esta ruta nunha bike prestada, co "saber estar" de Magariños en comparación ao seu irmán Maga, cas fontes da cova e gafas de buceo de Iván.. co estreo de Elias... con todo esto isto... temos, queremos e debemos repetir algo así ou parecido máis ben pronto que tarde.
CRÓNICA: GULLI.

5 comentarios:

  1. un placer rodar con vosotros, perdonad que no hablase mas pero tenia la garganta tocada y cada vez que lo hacia parecia que tragaba alfileres jeje ... seguid organizando rutas de este tipo, que yo me apunto :-)

    ResponderEliminar
  2. Pois xa estamos mirando algo, esta vez máis o norte e superando o noso particular récord de kms.
    Xa avisaremos. De tódolos xeitos, grazas a ti por acompañarnos.
    Saúdos e sorte por Australia!!

    ResponderEliminar
  3. Moi boa crónica, son Anxo das Cabras, este sábado tiñamos pensado sair uns Ultreias e Cabras pola vosa zona.
    Simal intentou contactar con vos pero non tivo resposta. Se vos apetece, as 10:15 /10:20 podemos estar en Padrón na parada de taxis, para desfrutar dunha ruta polos vosos dominios.¿que decides, fusionamos outra vez?????
    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Hola Anxo, eu este sábado de mañá non podo. Irei de tarde, que xa fai tempo que non lle vexo a cara algún colega de bici.
    Podemos falar e quedar para outro finde.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Señores Cabras e Ultreias:
    Podiadevos prantexar a opción de vir de tarde e unirse as 16:00 h a saida do grupo?.
    Apecenos corpatir rutas con vos. Pero como ben explica Gulli. Este finde vai ser unha das primeiras saidas da nova temporada e toca sair co grupo.
    En caso que nos vos sexa imposible acudir de tarde, quedamos en contacto para os próximos findes.

    ResponderEliminar