
Fai un ano, o meu estreo no bttpontecesures foi facendo o camiño portugués dende Tui. Dende aquela, recoñezo, collinlle "gusto" a esto das rutas longas e máis se estas discorren polos camiños que levan a Santiago. Así, neste tempo, fixen tres veces o camiño dende Pontevedra (esta unha gran ruta non é, claro) e dúas dende A Coruña polo camiño chamado do Inglés. Esta ruta, por certo moi recomendable, deixounos con gañas de máis "camiño" e de máis kilometrada.
Así que, por iso de non perderlle o gusto, decidimos que o día 29 de setembro continuariamos co noso particular carrusel de camiños de Santiago, esta vez dende Ourense.
Polo que din e escriben, o camiño ten un percorrido de 109 kms... ainda que na nosa ruta os kms serán uns pouquiños máis, en total 125 kms a Santiago, aos que temos que sumar os 20 ata Cesures. Total: 145 kms...
A diferenza de kms radica en que nos imos sair de Ourense pola "costiña do canedo" (a costiña ten un 19%) facendo 3kms a maiores e logo iremos ata Cea, onde nos desviaremos +- 9 kms para visitar o archicoñecido Mosteiro de Oseira, onde o camiño que leva a este lugar é espectacular (eso din, vamos).
Seguimos despois ata o Castro Dozón (teito da ruta a 800 mts) e logo de tanta e tan dura subida, comezamos a descender ata Lalín, ainda que está zona é rompepernas, pois ainda que imos baixando mts, ás veces algún repeito serviranos para non enfrialas pernas.
Logo por Prado, Chapa, Bandeira... máis rompepernas ata que comenzemos a descender para chegar a Ponte Ulla e voltar a subir hacia Boqueixon (algúns aquí desvianse para subilo Pico Sacro...), A Susana e chegar así á Santa Lucia, Castiñeiriño e finalmente a Santiago. Esta última parte non é que sexa rompepernas... non... é o auténtico rempepernas.
Está é unha pequena crónica escrita para que saibamos o que é e o que imos facer. Fácil, non??
Deixovos o enlace da crónica, fotos e ruta en GPS. Dos compañeiros do PCCORREDOIRA (MOS):
http://penacorredoira.blogspot.com.es/2010/10/cronica-del-camino-de-santiago-en-bici.html
CRÓNICA: GULLI.
mañan as 10:30 faremos un xesteiras, Denis, Miguel Penedo e eu, se vos animades sairemos a esa hora desde a Gasolinera de Cesures. Saudos
ResponderEliminar