martes, 4 de setembro de 2012

A conquista dos Ancares‏


22:30 da noite do sábado 1de setembro. Hora de chegada de volta a Cesures logo dun día distinto de ciclismo, dun magnífico día de bicicleta.
Todo comezou ao calor da estupenda churrascada ca que Elias tivo a ben convidarnos co gallo do seu cumpreanos. Ahí comezou todo. Unha idea, un plan. Logo os wattapps fixeron o resto e así o sábado 1 ás 8 da mañán, cinco bttpontecesures, Diego, Maga, Tino, Moroko e Gulli, logo dun pequeno intercambio de opinións acerca do "planing" do día, partiron dirección Palas de Rei, localidade de saída da Volta a España.

Non me preguntar como, pero Tino conseguiunos uns pases para a zona vip, onde puidemos "atracarnos" a base de pinchos, tortillas, xamón ibérico, bebidas... vamos, que con fame, o que se di fame, sair non saímos. Co "único" que saímos foi cunha bolsa cargada de diversos agasallos de La Vuelta. Vamos, un acerto Tino.




Posteriormente coche ata Miuras, pequena poboación agochada e perdida no medio dos Ancares, situada a 13 kms da linea de meta e na que establecemos o "campamento" base. Dende aquí subimos ás bikes para inciala subida a Puerto Ancares.


A subida fixémola agrupados, recibindo aplausos e ánimos da moitísima xente que agardaba nas cunetas. Nos primeiros sete kms a ascensión non é excesivamente dura. O duro é á falta de catro kms, onde a estrada alcanza tramos de desnivel do 15% e nas que a bici parecía pegarse ao asfalto. Cando a falta dun km, cando o numerosísimo xentio máis nos aplaudía e arengaba, cando o Moroco e Maga se dispoñían a atacarme... un señor de verde, moi educadamente, iso si, a falta de 200 mts, nos prohibiu alcanzala linea de meta. Descompostos e sen meta, descendimos e situamonos a 600 mts de meta para ver o paso de Purito, Contador, Valverde... que estos, si que andan. Impresionante como poden subir a esa velocidade.


Logo de todo o paso do pelotón, rapidísimo descenso sen dar unha pedalada e cos discos das bikes pedindo un respiro para chegar a Miuras, subir aos coches e voltar para casa.
Incrible día. Sen máis.

Crónica: GULLI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario