Onte, Martes 27-12-2011, aproveitando a situación de desemprego de algúns e as vacacions navideñas de outros, por iniciativa de Víctor e Bobi, improvisamos unha saida btt rumbo Iroite...
As 9.30 da maña, cun frío de mil demonios, alí estábamos os 4 mosqueteiros, Víctor, Bobi, Iván e mais eu...sin rumbo fixo, pero con idea de chegar a Iroite.
Comezamos subindo polo Santiaguiño queixandonos do frío que facía, pero pouco a pouco, e despois de algo de subida, xa todos fomos entrando en calor...
Subimos a famosa Carballeira e para entonces xa empezaba a sobrar roupa...continuamos ascendendo para coroar a muralla, desde donde puidemos divisar o lonxe o noso obxetivo.
Descendemos todo o monte por uns camiños preciosos pola cara sur da muralla, atravesamos varios pobos, subimos, baixamos, voltamos a subir...e finalmente, despois dunha subida de asfalto duns 10 Km, sobre as 14.30 alcanzamos a base de Iroite...
Fixemos unha paradiña na cima para repoñer folgos, pois xa facía un bo rato que nos íamos acordando dos bocatas que levabamos preparados para a ocasiơn e continuamos a viaxe cara a Curota. Como podedes imaxinar durante toda esta travesıa puidemos disfrutar dunhas vistas e dunha naturaleza animal e vexetal impresionante!!
Unha vez coroada a Curota, baixamos cara a Poboa donde paramos a tomar un cafeciño e despois rodamos, rodamos e rodamos...todo por carretera para poder chegar a casa sin que nos pillase a noite...eso si, a altura de Boiro todavía tivemos tempo para deleitarnos mirando os escaparates das 2 tendas de bicis que teñen alí...
Para cando alcanzamos Pontecesures, a eso das 18.00, o conta Km marcaba 120 Km...
En fin, unha ruta preciosa, con boa compañía, sin averîas nin accidentes....
Hoxe Mercores xa estamos con ganas de emprender outra fazaña parecida....
CRÓNICA: MOROKO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario