mércores, 7 de decembro de 2011

Saída Xoves 08-12-11‏.



Xoves festivo, polo cal ivamos ter que compartir o monte cos cazadores, por iso decidimos buscar unha alternativa, dirixímonos dirección Santiago seguindo o camiño Portugues, ca xa típica variante do tunel do Faramello.

Continuamos o traxecto ata chegar a altura do hospital, donde enlazamos con parte do camiño de Fisterra dirección Bertamiráns, enlazando có paso paralelo o rio, onde algúns dos nosos bikers  puideron mostar o seu nivel técnico.

Pero o día iva de rios, así que a altura de Pazos sigiuse a variante paralela o Sar, para acabar atravesando a outra marxe, e aproveitando para quitar a lama acumulada e mollarse un pouco maís.

En  resumen; un total  de 60 Km, nos que o final nos acabamos encontrando igual cos cazadores en varios puntos da nosa etapa.
 

1 comentario:

  1. Finalmente a ruta estivo guapa!!!
    Guiados da man de Tino, para variar....
    Camiño de Santiago e volta por Bertamiráns. Unha vez mais decir que o tramo pegado ó río despois de Bertamiráns resultou espectacular...

    ResponderEliminar