luns, 12 de decembro de 2011

Polo río abaixo vai…


Ás 9:45 da mañán, un verdadeiro pelotón ciclista composto por membros do BTT de Caldas, Cuntis e Pontecesures, saíu da alameda de Caldas dirección Portas, para o pouco, ainda dentro da vila termal, xirar á dereita para, polo medio de angostos camiños, ir na busca do río Umia.
Unha vez neste, unha boa pista paralela permítenos ir observando o descorrer deste río, na súa inexorable búsqueda do mar. Así, pouco a pouco, avería tras avería, este gran pelotón chega a Barrantes, lugar coñecido polo seu excelente e populoso viño, para dende aquí seguir esta vez o curso do río Armenteira.
Muiño tras muiño, chegamos á aldea de pedra, un pintoresco lugar que non deixa de ser máis que unha representación en granito da Galicia rural de séculos atrás. Aproveitamos este lugar para avituallarnos e facer de paso a correspondente foto de grupo.


A ruta que nos levará ata o mosteiro de Armenteira, será espectacular, será a desa maravillosa Galicia profunda. Ríos, regatos, fragas, vals… natureza en estado puro… acompañarannos ata chegar a este mosteiro do século XII.
Aquí despedimos a parte dos nosos amigos de Caldas e continuamos, esta vez xa por camiños máis trialeros, para ascender o monte da Escusa, dende o cal teremos unha fermosa vista das rías de Pontevedra e de Arousa e das serras do Barbanza e do Morrazo.


O descenso deste monte lévanos ata Mosteiro e de ahí ata Caldas para, polo camiño de Santiago, chegar ao Náutico de Pontecesures.
Este humilde escribinte, eluxiu como título desta crónica o arriba indicado, ainda que igual o máis axeitado para este escrito houbese sido: “Tino, o señor das cadeas”. El saberá porqué... e nos, desgraciadamente, tamén.





ENLACE: http://www.pontecesures.net/2011/12/12/polo-rio-abaixo-vai/

CRÓNICA: GULLI.

ENLACE FOTOS:

111211 Ruta da Pedra e da Auga

3 comentarios:

  1. Moi bo traballo coa crónica Gulli!!! Menuda fichaxe que fixemos este ano, grande biker e importante no equipo de fotografía e redacción.
    Moitas gracias polo teu esforzo e que siga así a cousa...

    ResponderEliminar
  2. Temos que dar as gracias tamén a todos os que axudaron a que puidesemos participar nesta ruta da auga: Equipo Umia de Caldas por guiarnos e invitarnos a este día tan especial, equipo de Cuntis por acompañarnos na ruta, a Suso por invitarnos a ir con eles e por poñernos en contacto con toda esta xente, ó mozo de Motobike (Non sei si era Fran, perdon si me equivoco) por pasarse toda a mañan correndo para todos lados intentando grabar a ruta, gracias a Raul (perdón tamén olvidei o seu nome) por compartir mesa connosco e comentar as fazañas do BTT...en fín, moitas gracias a todos e espero que pronto voltemos a compartir outra ruta...

    ResponderEliminar
  3. Sen duda un bo día, quédome co bo rollo que houbo entre todos, gracias a Suso por invitarnos a participar, a Fran o home cámara porque non parou toda a mañan de ir de diante para atrás, e a todos os de BTT Cesures cos que espero poder sair máis de aquí en diante. Haber si quedamos como falamos e facer máis saídas coma esta xuntando BTT Cesures, Caldas, Motobike e Xesteiras-Cuntis. Un saúdo de Jorge (Btt Xesteiras).

    ResponderEliminar