domingo, 18 de decembro de 2011

171211 ASCENSIÓN MURALLA .


¿QUEN DIXO LAMA?

Unha das típicas saidas do noso grupo, para un total de 40 km, saindo de Pontecesures, enlazando Reveixós, Pexegueiro, A Chisca, ascenso A Muralla, baixada en dirección Percacoba, Os Dices, Rois, Padrón e finalizando de novo no punto de partida.

Pouco que resaltar, exceptuando no traxecto polo zoa da carballeira ata chegar A Chisca, onde as choivas desdes últimos días, sumadas o paso dalgún tractor, deixaron uns vos fochancos, que fixo pasar un bo rato os nosos bikers, e incluso que algún dos maís expertos acabaran nun baño de barro.

Comentar para os nosos compañeiros da ruta da Auga da semana pasada que a nova cadea de Tino pasou a proba, pero para que non perderamos a costume pinchou. Algúns xa desconfiamos se non será unha táctica para romper o ritmo do grupo, Je je je.










ENLACE RUTA: http://www.sports-tracker.com/#/workout/PabloCordo/f38s9gdae8piebqd

Ningún comentario:

Publicar un comentario