xoves, 24 de novembro de 2011

CRÓNICA MOROKO, CAMIÑO TUI-SANTIAGO.







Sábado 19-11-11 - Ruta Pontecesures - Tui - Pontecesures
Finalmente, e gracias o apoio xa habitual dos Vikingbikes de Catoira, demos reunido un bonito grupo de 12 integrantes para realizar o Camiño Tui-Santiago-Pontecesures, o cal, como se pode deducir do encabezado, reduciuse a Tui-Pontecesures debido a diferentes circunstancias...
As 6.00 da mañá, tal e como acordáramos, todos os participantes estábamos reunidos na estación de tren de Pontecesures coas bicis medias empaquetadas para evitar ter problemas co interventor..
O tren foi puntual, as 6.05 saíamos de Pontecesures, como é lóxico a esas horas o tren ía casi vacio, polo que non supuxo ningún problema o transporte das nosas makinas, ademais tocounos un interventor enrrollado...
A viaxe en tren dicurriu rápida, pois mentras uns aproveitaban para botar unha soneca, outros íamos contando anecdotas ou discutindo sobre a crise, que é o tema de moda..
En Redondela tivemos que esperar unha media hora para pillar o tren que nos levaría ata Tuí, tempo que aproveitamos para facer as ultimas postas a punto e arreglar as contas entre nos.
Xa en Tui, unha vez que desembalamos as bicis e puxemos todo a punto, acercámonos a tomar un café nunha cafetería situada ó lado da estación e unha vez rematado fixémonos a foto de rigor a pe da estación de tren...
A eso das 8.30 comenzamos a dar pedales para comenzar coa nosa fazaña particular, pero nada mais empezar, cando apenas levabamos 2 minutos sobre a bicicleta, primeira anecdota  con risas incluídas do día, pois vemos que o Melenas se frea en seco e podemos abservar como do pe esquerdo lle colga a biela e pedal quedando estes separados da sua Specialized...
Esto arrglouse coa axuda de Tino que puxo todo no seu sitio, e transcurridos uns 20 minutos puidemos empezar o camiño...
O principio tomámolo con moita calma, que si foto por aquí, foto por alá....mais tarde, cando os negocios comenzaron a abrir comenzou o duelo particular Melenas-Maga por ver quen poñía mais cuños na Compostelana contaxiando desta forma o resto do grupo....en fín, en vez de sábado parecía Domingo, pois íamos en plan Dominguero total, pero eso sí, con moitas risas e bo humor...
Como víamos que pasaba o tempo e non avanzábamos nada tivemos que dar un pequeno toque de atención para empezar a rodar e foi enton cando empezamos a rodar algo constantes, eso si, algun que outro pinchazo, caída de botellas por parte de Gulli....pequenas cousas que ían rompendo a monotonía do aburrido primeiro tramo do camiño...
Na segunda anecdota "importante" da xornada volveu a ser protagonista Juan o Melenas, pois tirou de freno nunha beirarúa resbaladiza e "Hostión que te criou", Catalina doblada, cuadro con aboiadura e rodilla esfolada!!! Si e que non era o seu día....
A primeira parte do camiño era practicamente todo asfalto e bastante aburrido, pero a partir de Vigo atopamos tramos moi bonitos con sendeiros empedrados, trialeiras e vistas á ría preciosas...
En Pontevedra agrupámonos todos, repuxemos folgos con algo de froitas e doces, reparamos algun que outro pinchazo e continuamos a marcha ata Barro, lugar elexido para comer...
Finalmente o camiño desde barro ata cesures foi un paseo triunfal para todos menos para un que tivo un mal día e sufriu un calvario para poder chegar enteiro...
En fín, un bonito día de bicicleta con boa compañía, bo ambiente, pero que quedou un pouco descafeinado por non poder continuar ata Santiago, xa que víamos que se nos faría noite en caso de continuar o Camiño....
Pero como sempre hai que sacar unha lectura positiva das cousas...xa sabemos, temos repetir a fazaña pero completando o percorrido Tui-Santiago-Pontecesures....

Ningún comentario:

Publicar un comentario