martes, 22 de novembro de 2011

CRÓNICA GULLI, CAMIÑO TUI-SANTIAGO.

Mentras esperamos que algún dos nosos bikers habituais se anime a facer unha cronica ou enviar algunha foto. Aproveitamos a publicada por Gulli na páxina de http://www.pontecesures.net/.



O pasado sábado, integrantes do Clube Ciclista Pontecesures e afeccionados á bicicleta, realizaron o Camiño de Santiago Portugues, iniciandose este en Tui. 12 foron os integrantes dunha ruta que saiu de Tui ás 8:30 e ainda que a fin da viaxe non era outra que a de “asaltar” a Catedral de Santiago, diversas averías mecánicas obligaron a que a ruta tivera que rematar en Pontecesures sobre as 16:30.
A pesar de non conseguilo reto de chegar a Santiago, o importante foi que se disfrutou dun bonito día de bicicleta e de deporte, e iso é o importante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario