martes, 21 de xuño de 2011

CRONICA MARCHA TOURO 18/06/11

 Este pasado sabado fomos de marcha a Touro, e non a Donadana, ainda que somos moi festeiros, preferimos jastar cuberta e non pista.

Como pasou o outro día en Cangas desplazamonos case todos os membros do CESURESBTT, para completar unha marcha de:
 
DISTANCIA: 38 Km.
DIFICULTADE TÉCNICA: MEDIA.
DIFICULTADE FÍSICA: MEDIA-ALTA

Quedou claro dende a saida que non iva ser un bo día pra algúns dos membros do club, xa que debido a aglomeración inicial un toque entre Mejuto e Sergio, fixo que a este último se lle abrise a cadea. E posteriormente unha vez solucionado e xa metidos nas primeiras pistas, Dieguito rompeulle a pletina da tija, Mejuto iantou. O que lles obligou a ter que levar un ritmo maís controlado e continuar contra o final do pelotón.
Pero foi algo habitual, xa que o resto da marcha continuou con averías, pinchazos e caidas; Mejuto, Maga, Piru, Dieguito.

A marcha, os primeiros 22 km ata o avituallamento foron moi bonitos, todo polas sendas do rio Ulla, e pasando por zoas cheas de carballeiras, con unhas baixadas técnicas e con subidas cortas pero con motio desnivel.
Os mebros do club fomos dispersandonos o longo do pelotón según como cuadrou ou por nivel, donde dous das nosas xovenes promesas: Victor e Tino, comandaron a proba xusta outros tres bikers.


Punto clave da marcha, cando levarimos sobre 10 km, sorpresa para todos os participantes, señores hai que atrevesar o rio. Sorte que non era inverno, senón maís de un ivase acordar da nai do que fixo o percorrido.
Claramente como se observa nas fotos hai distintos estilos:


O resto da etapa, unha vez chegado a avituallamento, opción de 16 km ou 6 km como alternativa. No caso da parte dos 16 km, a maior parte da ruta por pistas anchas, subindo a un tramo por asfalto ata un cumio curto pero que fixo sufir a todos, e como recompensa a organización colocou a Fernando Vazquéz (Entrenador fútbol profesional), para que nos dera as últimas consignas e animos para rematar a marcha.

 
Por último despois de pistear, chegada a meta, retirada de dorsais, bueno en principio so dorsais, xa que un mebro da organización a hora de cortar as bridas, a Piru tamén lle cortou o cable dos freos, pero non hai problema que sempre hai toxos ou silvas cos que frear.

Ata aquí a crónica, deixovos os enlaces das fotos da organización e un video que atopei.

Enlace fotos:

Video marcha Touro 2011:





Ningún comentario:

Publicar un comentario