- BIKE OU NON VAI, POIS FOMOS E BEN QUE NOS FOI -
Este pasado Domingo unha amplia representación de CESURESBTT, deplazouse a a marcha organizada poLo clube Bike ou non Vai de Cangas, que celebraban o VI memorial Manuel Santos.
A pesar do madrugón un bo biker non se queixa por ir a desfrutar do seu deporte preferido, ainda que a cita fora as 7:30 h no club náutico, para sorpresa do grupo a puntualidade foi unánime, polo cal arrancamos cara o noso destino para chegar con tempo suficiente para coller o noso dorsal, preparar as bikes e tomarlle o cafeciño de turno.
Xa dende a peaxe comenzamos a ver moitisimos coches cargados de bikes, e xa non decir cando entramos no centro de Cangas, o cal nos empezaba a dar unha idea da cantidade de xente que podería congregar a marcha.
Bueno non todo eran Bikers, xa que na primeria rotonta de entrada os de tráfico tiñan montado un control con maís de un a tomar o fresco, por si lles baixaba. E nestes momentos e cando te das conta que os vicios cambian, e fai uns anos eras tí o que volvías a esas horas, e agora levántaste para ir a andar na bike; Je je je.
Volvendo o importante, unha vez agrupados todos os membros diriximosnos a alameda vella para as 9.30 da mañán comenzar a marcha para completar un itinerario de 32 kilómetros. Dirixindonos polo frente costeiro cangués para atravesar O Salgueirón, Areamilla, Balea, Santa Marta, Liméns, Nerga, subir a calzada romana hasta O Hío, descender cara Viñó, Donón e acabar en Cabo Home, punto establecido para o avituallamento. Alí empezaron a chegar os primeros elementos do grupo alrededor das 11 horas, donde estaba esperando un trailer da organización, que nos surtiu de bebidas e alimentos para repoñer folgos e, de paso, para reagrupar a todos.
Nesta primeria parte da proba destacar que debido a cantidade de participantes se formaron varios tapóns, sobre todo cando empezamos a subir pequenos carreiros ou baixar por algunha zoa de trialeira. Ademaís nalgún tramo había moita area de praia que facía maís compricado avazar o non ter moito agarrre.
Despois do alto no camiño, a expedición dirixiuse cara Melide, A Costa da Vela, Pinténs, Vilariño, Aldán co bosque encantado e subimos pola zoa alta de Herbello para enfilar hacia Darbo, San Roque e baixar de novo para regresar o centro de Cangas. Os primeros completaron o recorrido as 13.15 horas e os mais rezagados fixeron acto sobre 14.45.
Destacar da marcha a excelente organización, un traballo moi minucioso con membros da organización en cada cruce, policía local, guardía civil, protección civil, cruz vermella. E Toda a ruta perfectamente marcada, cun avituallamento completo. E sobre todo que estamos falando dunha marcha gratuita, dun Memorial, que gracias a esta xente amantes do BTT, manteñen o recordo dun impulsor deste deporte como foi Manuel Santos.
Como coclusións finais, aclarar que a proba foi de estilo rally, moi rompe pernas con pequenas subidas e bonitas baixadas, ca uníca pega da polvareda e dos tapóns debido a alta partipación, pero cunhas lindas paixaxes.
Por último deixovos o enlace da páxina do memorial Manuel Santos donde podeder ver fotos e videos de marcha.
http://memorialmanuelsantos.blogspot.com/2011/05/poco-poco-iremos-anadiendo-las-fotos.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario