XII Subida ao Castro Barbudo 2011
Ola a todos, xa temos lista a Subida ao Castro Barbudo 2011.
XII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO (21 de maio de 2011)
15:30 Chegada dos aficionados a Campo de Pasos – Taragoña e
inscrición dos mesmos
16:30 Saída da marcha
19:30 Hora estimada de saída para afrontar o tramo libre.
20:00 Hora estimada de chegada ao Castro Barbudo. Duchas e
acicalamento.
21:00 Refrigerio, viandas, música… e entrega de trofeos.
FORMULARIO INSCRIPCION:Intentaremos mellorar aqueles aspectos que o ano pasado foron máis criticados no cuestionario de valoración final. Este ano o importe da inscrición seguirá sendo de 15 euros (os que non estean federados deberán aportan 12 euros máis para o seguro obrigatorio de un día por imposición da federación galega de ciclismo e tranquilidade nosa).
Todos os inscritos levarán un agasallo. Contamos con duchas e servizo de limpeza de bicicletas . Ao final teremos churrasco debidamente "regado", música de ambiente e a entrega de trofeos aos mellores clasificados de cada categoría no tramo libre.
O número de inscritos está limitado a 150. Recomendámovos que fagades a inscrición por Internet, deste xeito aforraremos traballo vós e nós. De tódolos xeitos se alguén quere arriscarse a quedar sen praza tamén pode facer a inscrición no mesmo día. O pago da cota de inscrición haberá que facela, en tódolos casos, o día da marcha. Os que esteades federados deberedes presentar o carné deste ano.
Cando remate a marcha, gustaríanos que cubriras a seguinte VALORACIÓN.
Saúdos. Contamos con todos.
Instrucións para chegar a tempo.
A saída será desde Campo de Pasos, a chegada será moi cerca de Campo Maneiro, a festuca final tamén será alí, e as duchas están no polideportivo que tamén está en Campo Maneiro, polo que vos aconsellamos que aparquedes en Campo Maneiro e baixedes xa na bici ata Campo de Pasos. Para chegar a Campo Maneiro procurade subir pola entrada que hai ao lado da gasolineira de Repsol. Para que ninguén se perda AQUÍ tendes o enlace a Google Maps. O punto A é o de entrada para subir a Campo Maneiro. O punto B é a ubicación de Campo Maneiro e o punto C indica o lugar da saída da marcha.
PROGRAMAXII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO (21 de maio de 2011)
15:30 Chegada dos aficionados a Campo de Pasos – Taragoña e
inscrición dos mesmos
16:30 Saída da marcha
19:30 Hora estimada de saída para afrontar o tramo libre.
20:00 Hora estimada de chegada ao Castro Barbudo. Duchas e
acicalamento.
21:00 Refrigerio, viandas, música… e entrega de trofeos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario