Este fin de semana, ademais da ruta habitual do sabado a tarde, unha pequena representación do club participou na xv ruta do salmón, na Estrada (Boby e Pirucho). Pero tamén o sabado pola mañan fomos varios os que fixemos rules alternativos o non poder acudir a cita da tarde.
En primerio lugar o grupo principal, que por comentarios que me chegaron fixeron una ruta distinta pola zoa da Muralla de 35 km, que deixou encatados a todos, e que o presi Fabeiro, non perdeu tempo en publicala no noso blog, e que podedes consultar no noso apartado de rutas ou directamente neste enlace:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1692893
Por outro lado a participación de dous dos nosos bikers, na xv ruta do salmón na Estrada, e como podemos observar nas fotos, foron madrugadores, xa que lles entregaron os dorsais 001 e 002. E que deixaron en bo lugar o noso club.
Por último, o non ter información do resto, a rutiña que me pegui o sabado pola mañan, comenzou pola subida do basurero bello enlazando cunha pista paralela a subida do Galiñeiro, ata chegar a baixada que conumica cos Martores, para posteriormente enlazar ata as ferbenzas e regreso polo camiño Portugues.
Ningún comentario:
Publicar un comentario