domingo, 17 de abril de 2011

Saida 160411 - Monte Pedroso ( I trofeo Costa Vella).


A saida deste pasado sabado, tal e como comentou Fabeiro o largo do día, foi un día perfecto, un dos mellores da súa vida. E so lle faltou para que fora inolvidable, que o seu Real Madrid gañara o partido pola noite.

Esta semana tuvemos cambio de horarios, xa que decidimos subir o Monte Pedroso para asistir ao I trofeo Costa Vella, e así animar a un grupo de amigos que participaban na proba, e comprobar in situ o nivel que se gasta a xente que compite no campeonato Galego.

Por motivos de horarios un primeiro grupo tomou a saida as 12:00 h en dirección a Santiago, tomando o camiño Portugues.
Dende a saida o grupo acomodouse e parecia maís unha excursión, polo cal tomei a inciativa de marcar maís ritmo para que nos foramos poñendo a tono, e apesar das queixas iniciais a cousa foise animando, e cando tiñamos unha costa a vista os ataques foron sucedendose, pero sempre votandonos unhas risas e falando.

 O chegar a Santiago, desviamonos o campus donde realizamos o noso avituallamiento, acompañado posteriormente do cafeciño, e os maís atrevidos co chupito de rigor.


Unha vez rematado o noso tempo de relax diriximosnos o conquista do monte Pedroso, donde nos deviamos unir a segunda parte do grupo que tiña como horario de saida as 14:30 h.

Xa todos xustos e despois de supervisar directamente o circuito, situamonos nun punto extratexico da proba, onde se xustaba unha subida rompe pernas cunha baixa cun escalón, que iva obrigar os participantes a dar o mellor do seu repertorio.


Co comenzo da proba fixo que nos amimáramos e que apoiramos a cada un dos participantes, pero sempre con maís impetu cando se trataba dos nosos.


Pero todo tiña que chegar o seu fin e era hora de relizar o retorno, pra variar a ruta inicial  Tino preparaou unha bonita ruta de regreso seguingo o camiño de Santiago - Fisterra ata chegar a Bertamiráns, donde enlazamos un tramo da marcha dos Os Esfola Arros, seguindo a caron do rio por unha trialera que lle encantou o todo o grupo, e que nos foi dirixindo o concello de Rois, donde xa enlazamos o regreso o noso punto de partida inicial, pra acumular un todal de 60 km.




1 comentario: