Xa sei que vos tiña pendientes da crónica, pero esta ruta ten tanto que contar que consta resumila, pero intetaremos centrarnos nos puntos importantes.
Como xa comentara na 1 parte, a ruta marcada comenzou ca saida dende o club en dirección a Lestrove, e xa dende a saida comenzou a coña, e rivalidade entre os que levaban a equipación de cesuresbtt, Susavila e os independientes.
Esto fixo que cada equipo intentara estar presente na cabeza do pelotón en todo momento e ter controlado os movementos dos rivais, e que provocou un moi bo ritmo.
En Lestrove comenzamos a subida hasta Rialiño, para acabar enlazando ca Chisca, a maior parte por zoa de trialera, con bastante desnivel. O chegar a Chisca enlazamos un tramo de carretera ata enlazar a pista dirección Treito.
Aquí foi cando Tomaron protagonismo os gregarios, xa que Arturo, fixo un cambio de ritmo que o distanciou do grupo. Pero seguindo ordes de equipo salín a sua roda e pouco a pouco fomonos separando do resto, que claramente non confiaban que a nosa escapada fora a bo fin, e que simplemente queriamos aproveitar o noso momento de gloria. Pero Arturo cun ritmo constante enfilou a subida a Muralla ca ventaxa necesaria pra coroar en solitario, seguido de mín, e pouco a pouco o resto do grupo.
Unha vez todos arriba e despois das fotiños de rigor e o abitullamento, comenzamos a baixa, pola zoa de Buxán enlazando con Rois, Padrón ata o regreso a Pontecesures.
Na baixa comentar varias caidas, que coma dí Victor son medallas pra un Biker, pero por sorte todo quedou en golpes sen importancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario