Despois
de escoitar a algúns Trisqueles o longo do ano, “tes que probar,
tes que ir, está de…..,” tomo a decisión de ir a miña
primeira experiencia competitiva no mundo do BTT, e acompañar a
Tino, Diego Uzal, Miguel Penedo, Agustín e Carlos Macedo. Case todos
eles xa forán a edición anterior, entón un novato vai preguntando
e recopilando información do percorrido, dos equipos, dos rivais …..
e vai vendo que non é un xogo, nin unha ruta Btt calquera e que
estamos falando de cousas serias. Se queres facerte unha idea do
nivel que tes hai que facer unha proba deste tipo, onde nesta edición
se xuntou o melloriño de Galicia do mundo do BTT.
Así as
7.45h partimos para Cotobade os cinco mencionados anteriormente e o
novato que lles está a escribir. Chegamos o destino hora e media
antes da saída, recollemos os dorsais, tomamos un café e o saír
vemos os “PROS” facendo rodillo e quentando, nos con
tranquilidade preparamos as bicis e logo de un pequeno debate sobre
que presión e a axeitada nas rodas para este tipo de probas, damos
unhas voltiñas e poñemos as pernas a tono.
Empezan a
chamar por megafonía para colocarse, e aquí primeiro fallo, non
estamos atentos a xogada e quitando Tino que se colocou ben, o resto
o final, e xa se sabe o que pasa o saír de últimos, hai que comezar
a tope e adiantar como se poida. A raíz desto teño que mencionar os
romanos, os que lle hai que recoñecer toda a súa arquitectura menos
unha, a calzada romana de Cotobade, camiño de pedras estreito de a
un costa arriba, cheo de toxos onde se forma o primeiro
embotellamento que nos fai botar o pe o chan a todos os que comezamos
mal, facéndonos perder entre 10 e 15 minutos.
Despois deste camiño
empezamos o monte, pista ancha, rodar e rodar ata que chega para min
unha subida esixente, onde puiden ver caras de sufrimento que nunca
vira. A min tamén me tocou sufrir na segunda volta nese punto. A continuación mais pista cun par de baixadas técnicas e dous
pinchos uns kilómetros antes da meta que che facían temblar as
pernas.
A
organización un 10, cruces ben sinalizados, un speaker moi bo, xente
animando polo medio do monte os participante e na pasada da segunda
volta, no avituallamento quedei sorprendido ata que punto teñen todo
ben montado que non tiven que baixar da bike para comer ou beber,
achegábanche o que querías con unha rapidez asombrosa. Unha proba
esixente onde houbo preto de 40 abandonos, na que Carlos rompeu a
cadea e Diego Uzal acabou co pedalier feito añicos.
A chegada a
meta entrega de dorsal e chip, lavado de bicis, duchas e coma sempre
cada un para a súa casa despois de unha paradiña para tomar un
refresco. Como ven sendo habitual Tino mollounos a orella o resto dos
Trisqueles acadando un meritorio 5 posto na súa categoría.
Para o ano
que ven hai que repetir e se podemos máis e mellor.
Resultados:
Crónica: Alberto Piñeiro.




Ningún comentario:
Publicar un comentario