Asisten:
David, Diego "Sufreman", Maga, Tino, Moroko, Uzal o Intratable, Gulli, Pantani, Cadilla, Piru e Agus "o series". Dende Lalín, Elías e o seu amigo, residente tamén en Catoira chamado "o home do maso".
Obxetivo: Monforte-Lalín-Valga
Itenerario: camiño de Inverno de Santiago ata Lalín. Camiño Sanabrés dende Lalín a Santiago. Camiño portugués ao revés ata Valga.
Din que o camiño de Inverno era o que antigamente facían os peregrinos para evitar os altos cumios cubertos de neve do Cebreiro e do Poio, entre outros.
Agora ben, se o peregrino que optaba pola alternativa do Camiño de Inverno pensaba que ía ter unha ruta cómoda e placenteira, que non ía ter que afrontar grandes desniveis ou nevados cumios, que enganado estaba, ou mellor dito, como o enganaron en Ponferrada, lugar onde comeza esta variante do camiño.
Logo de comprobar durante dúas horas as (malas) artes de Maga facendo de casamenteiro (que llo pregunten a Piru e a Rosa, a conductora) o bus deixounos na ponte mediaval de Monforte preparados para afrontar un novo reto. Para case todos era poder desfrutar dun novo día de bici, de botar unhas risas, de meterse boa comida e de recordar as anécdotas que neste tipo de rutas sempre se dan. Digo case todos, pois David, o noso David o da Ponte, sendo como era a súa primeira ruta longa, na hora "Trisquel" da comida, ter non as tiña todas consigo. Quedábanlle 60 kms... que pensaba que se lle farían eternos e "dolorosos". Que equivocado estaba.
Pero normal que o pensara. O anterior de mañán, de Monforte a Lalín o camiño é sen dúbida o máis duro de tódolos que fixemos. A pesar de que os primeiros 5 kms son por asfalto, a partir de ahí o camiño convírtese nun auténtico rompepernas, nunha espectacular locura. Moitos tramos preciosos, si, pero moitos tramos que tivemos que facer a andar. Manterse enriba da bici, como dicilo, utopía ou quimera, escollan.
Iso si, despois dun descenso súper empedrado, atopámonos cunha paisaxe espectacular: o encoro de Belesar. Logo de disfrutar do lugar, do silencio e da calma, adentrámonos en terras de Chantada ascendendo a ladeira oposta por unha antiga calzada romana de xeito directo e pronunciado. 31% de desnivel dixo algún que había. A caminar se ha dicho!!
Logo Chantada. Foto. Avituallamento e volta a comezar pensando no inminente: o Monte do Faro. Aquí, no fragor da subida, co grupo roto, pois nunha subida coma esta, longa, dura, pronunciada, cada un ten que ir ao seu ritmo. O que non entenda esto, simplemente é que non o quere entender.
Aquí cada un ao seu: Uzal, o Intratable, marcando un ritmo espectacular e demostrando que o seu tamén son as rutas longas. Como diría Moroko: "como esta..." Co gancho nos levou ata arriba.
Maga emocionado recordando aqueles anos nos que acudía a romería que neste monte facía Don Manuel. Outros facendo fotos. Pero o que máis e o que menos, querendo chegar arriba.
Ata Lalín, moita vaca, moita cuadra, moito verde, pero sobre todo, moito rompepernas.
A Galicia profunda.
En Lalín, a pesar da insistencia do "intratable" Uzal por ir a xantar ao mesmo bar da ruta de Ourense (el sabrá porqué..) decidimos facelo nun situado na carretera de Lugo. Como acontecera o día de Abadín, un acerto.

A cara de David a medida que a tarde e os kms ían caendo e que Santiago cada vez estaba máis próximo era de satisfacción. A pesar dos temores previos, ía pasar, e con nota, a proba nesta súa primeira longa.
Igual cara ou parecida traía Diego o cuñadísimo "Sufreman". Simplemente coma un toro. O Moroko xa sinte detrás súa os bufidos dos seus dous cuñados. Piden paso.
O que tamén pedía paso baixando Ponte Ulla era Piru e a súa flamante nova Boamorte. Lástima que nunha curva, deixou de pedir paso para parar bruscamente contra o chan. Boamorte estreada. Sen consecuencias para o líder e para a súa máquina.
Preto de Santiago, continuos ataques de Maga. Curiosos ataques estes: el di cando atacar e el mesmo establece a meta do ataque. Claro así sempre gaña el. Pura lóxica. Lóxica de Maga. Está claro que esto do seu amigo Tino, aprender non o aprendeu. Este todo o contrario. Ao seu ritmo, o importante é rematar ben. Veterano.

O grupo comandado por David entrou pola praza do Obradoiro logo de 140 kms duros e a pesar de que ainda quedaban 20 kms para a fin, non nos tiñamos que preocupar. Estando o rodador Agus "o series", sabiamos que con el marcando o ritmo e os demáis chupando roda, chegar a Valga ía ser doado e sobre todo... rápido...
Haberá que ir organizando xa a próxima. Aceptanse suxerencias. Ferrol, Vigo, Trevinca... que máis da... o importante é desfrutar dun día de bici en compaña de bos amigos, ou non?.
Crónica: Gulli.
Moitas gracias Gulli!!
ResponderEliminarGracias por planificar estas rutas longas e gracias por seguir regalandonos estas pedazo crónicas. Unha vez mais, un 10.