martes, 5 de febreiro de 2013

OH MY GOTIÑO


Fecha: 02/02/2012
 Destino: Padrón-Base Muralla-San Lois-Iroite-Curota-Ribeira-Padrón
 Kms: 153
 Asistentes: Tino, Maga, Uzal, Gulli, Ivan, Chema, Agus, Piru e Diego, mais Pitillito Palankas.

Oh my Gotiño, ti que sabes tanto e nunca dis nada, como non me avisas do friaxe que ia facer. Fallaron as previsións atmosféricas pero non os dez Valentes en acudir ao TUNDAS DAYS!!!!

 

Nosa Terra Galega, vale a pena afotar cada anaco de Monte, aquí miña prima posando.
E dando ánimos o pelotón que hoxe ben os necesitamos.


1º O primeiro destino, Muralla, hasta aquí fomos rodando bastante por carretera, e ahora despois de ter acabada a volta, entendo o uso dela. Ainda así costa moito resistila tentación de non subir, e continuar dende a pedra dos catro concellos ao seguinte pincho.


2ºSan Lois. Un monte novo para min. Pódese subir directamente por uns cortafuegos, e quédase en nadiña. Polo menos pola cara que subimos nós, tras enlazalo co Muralla. Supoño que desde Noia será outro conto.


O que non se me quita da retina e esta foto ó Coronalo. As vistas son increibles, casi tan alucinantes coma a comida de Maga, Bocadillos, duas birras e a tirar millas. Xa é o meu novo ídolo. Sintoo Triki quedas relegado á segunda posición do ranking.


Esto si que une, hora de xantar despois dos primeiros 60km, e con esta postal detras nosa.
Xa repito moito que unha imaxe vale mais que mil palabras, por eso esta foto é de GARDAR!!!

Hay que seguir, destino 3ºIroite. A verdade e que algo decepcionado o ver esto. E moi raro que me desilusione o cumio de calquer monte, pero esta nave espacial aquí guindada e non ver máis que carteis de prohibido o paso ajjjjjjj!!!!Prodúceme unha pequena, AR-CA-DA. 


Tino xa se encargou de buscalo denominado "Balcon" para 
airearnos todos. 


Aquí párase o tempo, para os que saben aprecialo verdadeiro Mountain Bike. 


O que tamen case me para e o corazón, xa me dicia Chema que andaba o Home do Mazo enriba miña, máis que o do Mazo era Tayson a ganchos, croches e directos contra a miña cara. Pesadez de parpados, brazos que se derriten coma queixo na tixola, falta de concentración, e man o maillot o notar que me 
caia á lona.
Menos mal que viña preparado e Santo gel da guarda máis Santa Barrita Energética devolvéronme á vida.

Aún hubo más, menuda pesadilla!! Diria Robe de Extremoduro no tema JesuCristo Garcia. Pero no pedal nada de pesadelo, todo o contrario. Moi real e moi bonito.


Arriba da foto podedes velo Ovni do Iroite. Pero o realmente fermoso está do outro lado. Viase Porto Sin, A Aguieira, A Cala e toda a Ria de Muros e Noia. Todo dende a miña vista de Pájara :)


Destino 4 A Curota. Xa non hai apenas dificultades, sólo  frío por facerlle caso o windguru que me vendeu un dia de sol e boa temperatura. Tiñades que verme disfrazado de home Bolsa. Defínese, coma remedio caseiro contra o frío e chuvia, feito por Chema. Consta dunha bolsa de basura xigante cun burato pa cabeza e outros dous pos brazos. Hay tu riste :) Pero outro Santo Remedio que me devolveu a vida.


Máis fauna ceiva coma nós...
Estos camiños son moi rodadores. Perfectos para darlle tralla se supera a onde vou, pero co Clube Trisquel, Nunca hai prisa tendo lumenes!!!!!!
Xa se ve a Curota e hai un pequeno sprint no cal me meto a disputalo con Gulli, pero as miñas primas as Vaquiñas cortanolo paso e freamos.


 
Final feliz ou proba superada!!!! Coido que este será o último pincho. Intentamos subir unha fase técnica, Ivan e eu de escaleiras para chegar o mirador pero penalizamos ambos.
E de aquí volvendo a vista xurde a Xoia do Dia!!!!!
Vista espectacular do que supoño que será Ribeira, Boiro, Rianxo...


Sólo queda baixar ata Ribeira, e desfrutar da compañía e dos kilometros feitos. Paramos avituallarnos nun Merca Más e Go Padrón cos lúmenes encendidos, principal obxetivo de Chema neste dia :)


O final sempre hai bo ritmo. Desta vez tocoulle a Uzal-in Bolt facela escapada da xornada jajajaj. O grupo perseguidor ia o seu que xa era bastante. E fin sen despedirme do resto da xente porque houbo variacións do itinerario nos últimos kilometros.

Deixome polo medio, moitos sitios coma estes:


As minas de San Finx, antes de chegar o Monte de San Lois.


É un sitio moi raro, cheo de casas de cores cunha taberna. O ingeniero supoño que sairía dela ben cargadiño para crear tal diseño :)


E como non a foto do dia. os calcetins de reposto que me deixou Tino.


De novo agradecer que contarades comigo noutra aventura máis. Paseino de DEZ!!!!!!

SAUDOS FAMILIA.

http://connect.garmin.com/activity/269167798

CRÓNICA: ANXO (ULTRACABRAS).

Ningún comentario:

Publicar un comentario