Cando Piru baixou do autobús, armou a súa bike, puxo gafas e chuvas, ollou o monolito e a frecha amarela e comezou a rodar, sabía que ese día de chuvia, o Camiño do Norte (un máis) dende Hendaya quedaría para el finiquitado na súa totalidade. Era o seu día.
Os demáis arrancamos dende Abadín xuramentando pola chuvia e consecuente molladura que nos agardaba para este día e pensando que todavía nos quedaban por diante 174 kms...nesas condicións... case nada.
A verdade é que os primeiros 21 kms ata Vilalba, se fixeron a unha media de 18 km/h, eso a pesar de que as lameiras dificultaban o noso rodar e a pesar da primeira avaría do día; pinchazo de Uzal.
En Vilalba, xa empapados de arriba a abaixo e de abaixo a arriba, a miña bike queda sen freno traseiro e ca catalina pequena inutilizada, o que me obriga a afrontar o resto dos 152 kms "coxo" de frenos e de cambio.
Dende Vilalba seguimos rodando e lameando por camiños que atravesan unha vez frondosos bosques, outras veces grandes chairas dun color verde Galicia profunda e outras aldeas típicas do interior de Lugo. Eso si, a pesar dalgunha confusión debido á mala sinalización o pelotón dos 13+1 chega a Baamonde rodando a case que 18 kms/h, que, insistindo no das lameiras, non estaba nada pero que nada mal.
Saindo de Bahamonde atopámonos cunha pequena subida trialera. Observo a Iván, líder indiscutible do "Clan de Isorna"; afronta, "terreo amigo", sendeiro empedrado para arriba. Axil e decidido no seu pedalear chega ata onde a bike pode rodar... e de repente, caída aparatosa... debido eso si, a que a cala dunha bota quedou sen un tornillo e non se puido soltar do pedal. Nova avaría e solución chapucera de emerxencia.
O tramo que nos vai acercando pouco a pouco a Sobrado dos Monxes é realmente moi moi bonito. Súbese de maneira moi tendida o monte de San Blas, rodamos por camiños polo que por unha vez apenas hai lameiras e donde nos preguntamos se realmente por aquí o home ou a civilización pasou algunha vez na Historia. Seguen ás avarías, esta vez tócalle a Cristobal cun pinchazo e a Boby, cun radio roto.
Estamos atravesando o Concello de Friol e para chegar a Sobrado, para o que quedan sobre 10 kms, o imos facer circulando pola estrada que une Friol con Sobrado. Son "antiasfalto", pero creédeme que neste caso, ca agua que estaba caendo, o agradecín... e moito.
Como a fame comeza a ser evidente no pelotón, decidimos mandar unha avanzadilla a Sobrado a fin de procurar un lugar no que comer e sobre todo, quentarnos.
Pola estrada, mentras chove con gañas, observo á parexa que vai diante miña: Maga e Tino, Tino e Maga. Tira un, releva outro, releva un e tira o outro, perfectamente acoplados na bici, ningún movemento descordinado... rodar perfecto. Maga, un dos alma do bttCesures, demasiado calado para o que nos ten acostumbrado. Bótase de menos ao autentico Maga. Menos mal que pola tarde, regresou... para ben de todos.
Tino, sen palabras: currar toda a noite, meterse nun bus e rodar así toda a mañá e o que ainda lle queda de rodar pola tarde e non escoitarlle en todo o día unha sola queixa ou excusa, a verdade é que é digno de mención e de admiración, polo menos pola miña parte.
Mollados, empapados e conxelados chegamos a Sobrado dos Monxes, coñecido polo seu mosteiro do século X, pero que para nos a partir dagora será coñecido polo Mesón As Casiñas.
Un caldo, ternera asada e uns filetes rociado todo esto con viño, cervexa e refrescos varios por 10 euros por cabeza, un trato amabilísimo e sobre todo unha paciencia e unha boa cara a pesar de ver coma 14 persoas molladas e embarradas lle deixaron o local. Eso si, todos quedamos contentos, a excepción de Uzal, xa que aquí, a diferencia do viaxe de Ourense, botou de menos o encanto que si atopou en Lalín.
Logo de xantar, ben comidos e mellor bebidos saímos na busca das Corredoiras por medio de camiños e sendeiros que discorren por bosques típicos do interior galego. Aquí aparece a figura dun autentico biker: Diego. Non se sabe se foi o caldo ou a coca cola... pero puso tal ritmo que ata o seu cuñadísimo o Moroko, tivo que decirlle que afloxara que nos reventaba a todos. Ten mérito o seu; do saber sufrir de Ourense á soltura ca que o sábado se moveu e rodou todo o día.. e de pantalón curto.
Levamos xa 80 kms e ata Santiago restan outros 60. Ao chegar as Corredoiras, á mala sinalización fai que sumemos uns cantos kms a maiores e que o grupo se divida en dous.
Boby, coma sempre non deixa de sorprender. A medida que caen os kms, el comeza a ir mellor e as lamentacións iniciais pasan a mellor vida. Como lle gustan estas rutas...
Chegamos a Arzúa alternando camiños de monte e asfalto. Aquí remata o Camiño do Norte para a partir de agora, facer os 40 kms que quedan a Santiago xa polo Camiño Francés. Deixamos atrás uns camiños, unhas sendas e unhas paisaxes dignas de recordar e sobre todo, de repetir...
Ata Santiago moito rompepernas, polo que estamos en "terreo Elias". Pasa ben a subida e logo baixando non serei eu o que me atreva a seguilo...
Non podo ter máis que palabras, e creo que falo por Iván, de palabras de agradecemento ao Moroko. Sempre disposto a axudar, a facer de improvisado mecánico, e grazas a el, este escribinte puido facer e rematar o viaxe deste sábado. Todo esto a pesar de que nin lle dou pena, nin moito menos gañas de chorar...
Logo de 153 kms, mollados, empapados, conxelados asaltamos unha vez máis a catedral de Santiago.
Gustoume vela cara de satisfación de Cristobal, de Cadilla e de Agustín ao conseguir rematar, a pesar dos temores previos, esta ruta.
Ás 22:15 da noite, logo de 11 horas enriba da bici e despois de incontables averías, chegamos a Cesures.
A todo isto, seguía chovendo...
Crónica: Gulli.


Que gran ruta, que grande o sufrimento e que grande a satisfacion de chegar o Obradoiro e ver como superamos un reto que coa climatoloxia tan adversa se antoxaba difícil...
ResponderEliminarGrande, pero moi grande a compañia...de verdade que me sinto orgulloso de pertencer a este grupiño de chalados polo BTT e de poder compartir rutas como esta convosco...
A crónica un 10 Gulli.
Estamos chalados!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Parabéns a todos por superar tremendo reto.
ResponderEliminarBueno bueno, a ruta dende Abadin xa é historia...
ResponderEliminarE como xa é historia, haberá que ir propoñendo algunha nova:
Fisterra-Muxia-Santiago-Cesures (idea do Moroko con K)
Ferrol-Betanzos-Santiago-Cesures.
Veña, aceptanse propisicións...
Primeiro unha e despois a outra, o orden dame igual...
ResponderEliminar