domingo, 23 de setembro de 2012

"CREO QUE PODO VOAR"

Non existen inclemencias que frenen as ganas de darlle o pedal. Por iso tres dos nosos bikers (Elías, Boby e Uzal), desplazáronse a Riveira a II quedada dos Salamontes en Riveira.



As previsións non eran moi boas, xa que anunciaban temporal con moita choiva e rachas de vento de ata 80 km por hora.
Pero ala fomos a dalo todo. E o final quedou claro que se pode voar na bike (literalmente). Je je je.




Unha vez que nos xuntamos os tres nos puntos de encontro, dirixímonos o camping Ría de Arosa 2, dende onde partía a quedada.
Fomos directos a recoller os nosos dorsais e de paso a facer unha donación de material escolar en nome do noso club a cruz roxa de Riveira, ca que colaboraron os Saltamontes.


Preparamos as nosas bikes, e dirixímonos o punto de saida, donde o final 174 bikers retaron as inclemencias e o bonito perfil que nos tiñan preparado.


Como podedes ver, non foi un paseo. Ruta moi rompepernas con moito desnivel, enlazando os montes da zoa de Riveira e Porto do Son, cunha bonita subida con vistas idescritibles da praia de Queiruga.
Seguimos sumando kilometros para enlazar unha durísima trialera de súbida, que entre a herba e as pedras lisas molladas. Esixían o nivel mais técnico dos bikers participantes.
Pero cando pensamos que o peor xa pasara. Despois do avituallamento, larguísima subida, que sumada o fortísimo vento e a bruma (que facía que non viras mais ala dúns metros). Marcaron distancias e demostraron quen tiña o día fino.
Animados polas vacas e cabalos que nos acompañaron todo o traxecto, fixemos cumío xunto os sempre odiados eólicos (polo ruido, porque velos era complicado).
Fomos enlazando polo Portela, ata facer cima na Curota, e rematando cunha larga baixada ata o noso punto do saida. Donde despois dunha placentera ducha disfrutamos dúns magníficos pinchos.


Valoración final: Intentaremos volver para a III quedada. Xa que nos gustou a ruta e nos trataron moi ben. A única suxerencia, que para a próxima edición intenten evitar tanta zoa de asfalto.



 ENLACE FOTOS: https://picasaweb.google.com/104007102949558503420/IIQuedadaAniversarioOsSaltamontes1?authkey=Gv1sRgCMG6q5Cz94G-WQ

Crónica: Uzal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario