domingo, 22 de xullo de 2012

POR MONTE OU CARRETERA, O CALOR NON NOS FRENA.


E o día chegou.
Logo de tantos e tantos meses, logo de tantas e tantas olladas a dintintos e diversos foros de mtb, logo de tantos e tantos interminables debates... a 29 do Moroko, chegou. Iso si, acompañada pola súa irmán pequena, unha 29niña, adquirida por Uzal.
Así que non quedaba outra que estrear as Focus e para iso decidimos ir dar un paseo polo monte do Xiabre, por iso de comprobar as evolucións das novas 29 e, sobre todo, a dos seus compradores.
Nada vou falar, evidentemente, da saída, polo Xiabre. Donde vou facer imcapé é nas sensacións dos nosos dous compañeiros:
A- Moroko: Este cando se adapte, simplemente, quen o vai a seguir?? Acéptanse voluntarios..
B- Uzal: Aquí, e perdoade, mellor que o conte él. Vou obviar facer calquer comentario que logo poda ser utilizado na contra deste humilde escribinte. Dicir, por iso de dicir algo, que un 29 é unha 29..
E así, sen máis, discorreu o primeiro día do Maxi Ferguson do Moroko e do cortacésped de Uzal. Agora xa somos tres, pero... quen será o seguinte??

CRÓNICA: GULLI.



Ningún comentario:

Publicar un comentario