domingo, 29 de xullo de 2012

BUSCANDO A PEZA PARA ENCAIXAR O PUZZLE

" Alternativas mire por onde ser mire"

Se o mercores a nosa saida se encamiñaba a facer unha ruta longa polos montes do barbanza. O venres pola tarde nun visto e non visto, e despois dún par de chamadas e whatsapp. Encontramonos co novo reto de acompañar os nosos amigos do BTT Xesteiras, para facer o trazado da súa próxima ruta do día 120812, polo monte que lles dá nóme.


Sempre e un pracer facer saidas conxuntas cos amigos de Cuntis, pero nesta ocasión a nosa visita tiña doble razón.
Neste caso trátase da organización e planificación da volta a Galicia BTT, con Javi Monteferro da empresa http://www.teamrelay.es/.


Sí señores/as, a FGC prepara cá empresa Team Relay, para o 8 e 9 de Setembro dita proba polos montes de Cuntis e Valga.


INFORMACIÓN:
http://voltagaliciabtt.blogspot.com.es/
http://www.fgalegaciclismo.es/historico/voltabtt2012/voltabtt2012.html
http://www.cdmxesteiras.com/BTT/29-07-2012/Volta-a-Galicia-BTT/32.aspx

¿E que pintan estos neste tema?. Preguntaranse algúns.

Pois ben sinxelo, os dous clubes vamos ser os encargados de colaborar con Team Relay, no diseño dos trazados das probas como vos coñecedores da zoa.
Será un pracer ver como os mellores do BTT galego, nacional e portugués sufren, desfrutan e se exprimen o máximo polos nosos percorridos habituais.

Por iso o Sábado as 9:30 h estávamos na praza das árbores de Cuntis, devatindo distintas alternativas e posteriormente comprobando in situ unhas das propostas feitas por Jorge.


Non vou avanzar moito das sensacións finais de Javi Monteferro. Pero a próxima comprobación do terreo toca dende Pontecesures, xa que o trazado de Cuntis pasou a proba.

En resumén boa mañán de BTT, boa compañía e por último magnifica comida e sobremesa que desfrutamos Javi, Jorge, Agustín e eu.

Realmente somos úns afortunados de practicar un deporte con tantas alternativas e que che permite coñecer tan boa xente.


Crónica: Uzal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario