Facía tempo que andabamos ca teima de facer unha ruta longa, unha ruta distinta. Así que unha vez definida a data, faltaba soamente escoller o recorrido, que ao final foi o camiño Inglés ou do Faro dende A Coruña.
Ás 7:25 da mañá do sábado collimos un tren que unha hora despois nos deixou en A Coruña listos para iniciar a ruta.
Os primeiros kilómetros evidentemente son urbanos, saindo de La Coru por Eiris para chegar a O Burgo polo paseo que hai na ría. Aquí primeiras fotos, primeiro "percance" e primeiras risas gracias a curiosa maneira que algún dos nosos bikers ten de dirixirse ás mulleres.
Seguimos logo por un paseo de terra a beira dun pequeno río para así chegar a Sigrás e logo a Sarandones. Ata aquí o camiño sempre tende hacía arriba, pero a partir deste lugar a subida acentuase durante seis kilómetros, sendo os dous últimos por pista forestal verdadeiramente duros e exixentes.
Pero bueno, xa estamos á altura do Mesón do Vento e logo, preto, está o Hospital de Bruma, que é donde confluien o camiño que ven de Ferrol co que ven da Coruña. Circulamos por pista asfaltada durante uns kilómetros e despois ata Sigueiro por camiños e sendeiros polo monte, algún deles, moi bonitos.
Dende Sigueiro ata Santiago, o peor. Un auténtico rompepernas con algunha rampa que logo de 70 kms, parecían paredes... pero hai que dicir que este tramo é sen dúbida do mellor do camiño. Cando nos demos conta, xa estabamos no polígono do Tambre, e logo dun merecido bocata, chegamos á Catedral de Santiago. Como xa era un pouco tarde, ata Cesures baixamos pola estrada nacional. En total foron 101 kms de ruta, pero sobre todo foron 101 kms de risas, de compañerismo, de sete amigos que disfrutan ca bicicleta.
CRÓNICA: GULLI
Ningún comentario:
Publicar un comentario