sábado, 9 de xuño de 2012

HOXE O MONTE DEUNOS GUERRA.

O día prometía, boa temperatura e pouca chuvia, ideal para práctica de BTT (Según as palabras do noso Moroko), je je je.
Decidimos facer despois de moito tempo o percorrido da nosa kedada, e as primeiras sorpresas non tardaron en chegar, xa que ca chegada do bo tempo, parte dos camiños estaban moi tupidos e incluso un tramo arrasado polos tractores dunha empresa madereira.
Xa ivamos cheiños de lama e mais mollados que Bod esponxa, cando comenzou a sesión averías. Primeiro rompeulle a patilla do cambio a Uzal, co correspondente parón que fixo que o frio se metera no corpo dos nosos bikers.
Unha vez solucionado o tema da patilla polos nosos expertos mecánicos (Maga e Moroko), retomamos a ruta ata que algo similar a un tiro nos fixo parar de golpe, e non era que comenzara de novo a tempada de caza, senon o tremendo reventón na roda traseira do noso Moroko.
Cun tremendo burato no neumático e despois de facer un apaño, decedimos buscar carretera para regresar, xa que o día xa non estaba para mais aventuras. Ou sí?. Je je je.
"NUNCA SE SABE O QUE TE PODES ENCONTRAR POLO CAMIÑO"

Ningún comentario:

Publicar un comentario