luns, 14 de maio de 2012

RUTA FISTERRA COS ULTREIA


O día, teño que recoñecer, comezou polo miña parte con moito, pero que moito respeto. Un non está acostumado a facer nun día e moito menos de seguido 126 kms!!!
Así que con estes "temores", ás 10 da mañán Moroco máis eu, presentámonos puntuáis na Alameda de Santiago ao noso particular desafío.
Unha vez saludado aos nosos amigos do Ultreia, partimos hacia o Obradoiro para dende alí comezar a ruta.
Ao pouco de sair, primeira dificultade na subida que comeza en Augapesada e remata no Alto do Mar de Ovellas, donde unha fonte permítenos avituallarnos logo de tan dura ascensión.
Dende aquí, xa o grupo partido en dous (un grupo vai directamente a Fisterra e o outro a Fisterra por Muxía), descendemos ata Ponte Maceira para o pouco, chegar a Negreira.
Unha abandonada Negreira o seguinte punto que tomamos coma referencia é a localidade de Olveiroa, a 30 kms de distancia. Para chegar alí atravesamos pistas asfaltadas, camiños empedrados, ascendemos algún monte e bordeamos ríos. Aparecen os primeiros pinchazos, polo que o ritmo se ralentiza, cousa que as nosas pernas agradecen.
Unha vez deixado atrás Olveiroa, case sempre por camiños, chegamos a un lugar chamado Hospital, que é donde se separan ou bifurcan os camiños.
Dende este lugar a Muxía quedan sobre 25 kms, que inxenuamente Moroco máis eu, creiamos de baixada. Todo o contrario, subidas, un pouco de baixada, volta a subir (eso si, por espectaculares camiños) para entrar en Muxía conversando con Brandan, que saíra de Santiago ás 12:15!!! con Juancho e a 10 kms de Muxía xa nos alcanzaran.
En Muxía, fotos de rigor, avituallamento e saída á busca dos últimos 35 kms da xornada.

Pero, sen dúbida o peor viña agora. Unha vez abandonada Muxía atopámosnos cun monte, que evidentemente, hai que subir. Non é que a subida sexa dura a pesar de que é longa, pero os 95 kms nas pernas pesan e todo, calquer dificultade, reventa.
Despois, o de toda a xornada, arriba, abaixo, abaixo e arriba... iso si, as veces por camiños espectaculares de monte.
E o fin, logo de tanto monte aparece... Fisterra e logo, ao fondo... o faro.
A palabra que mellor define o meu estado, e a do Moroco creo que tamén é a de liberación. Reto conseguido!!!

Logo, dez kms máis bike ata a praia Sardiñeira para alí cargalas bicis no bus, ducharnos e disfrutar duns mágnificos pinchos... cousa que un servidor non puido facer, pois un espectacular corte de dixestión, impediulle rematalo día como merecía, que non era que doutro xeito que cunha boa enchenta.
Moitas grazas aos nosos amigos do Ultreia por invitarnos a esta xornada de bike e parabéns pola excelente organización e mellor compañerismo.
Simplemente un 10.


Enlace crónica Antonio (Ultreia): http://www.clubultreia.com/camino-de-fisterra-2/
Enlace fotos: https://picasaweb.google.com/ClubUltreia/FISTERRA2012120512#

CRÓNICA: GULLI.

2 comentarios:

  1. Gran cronica....espero qe recuperases ben.....e supoño qe as sensacions ca bici nova de maravilla.......un saludo para todos os de pontecesures....Chema tas feito un pitbull....hay qe comer mais qe tas no chassis....asi e normal qe vueles....ja ja ja...era broma....paseino de maravilla con vos....pena de Gulli qe non poidera disfrutar da comilona....jijiji....bueno hasta a prosima

    ResponderEliminar
  2. Nada, foi tomar un almax e o domingo saída de mañán na bike.
    Grazas Denis, vémonos noutra ruta.
    Magoa de non facer a foto co teu colega (perdón que non me lembre do nome) que tamén estaba de estreno.

    ResponderEliminar