martes, 17 de abril de 2012

FOTOS E VIDEOS - III MARCHA BTT OS ESFOLA ARRÓS

RUBIAL = A CABANA.

Casa semán visito os blogs dos nosos veciños para leer as crónicas das suas saidas de BTT, e tanto os OEAS coma AS CABRAS repetían asiduamente rutas polo famoso Rubial.
Rubial?, pero onde coño está este monte?. Pois en vez de perder o tempo buscando en mapas ou internet, pregunteille directamente o noso GPS Tino, e sorpresa a miña cando me dixo que este monte, non era outro que A Cabana. Esta claro que cada un lle chama como quere je je je.

Unha vez situado, e coñecedor de parte do terreo (xa que soe ser unha das nosas alternativas habituais), estaba preparado para o reto OEA, e para poñer a proba a miña perniña despois da tendinitis. Pero o finalizar a ruta, quedoume claro as miles de alternativas que pode dar un monte. E que non e necesario subir un pincho de de 1000 e pico, para facer unha ruta copletísima técnicamente e dura fisicamente (o tempo tamén axudou).

Aquí vou destacar os exploradores, estos bikers que nas suas saidas en solitario buscan alternativas novas nun monte que parece que tes máis que pateado, pero que o final conseguen que as saidas do grupo sexan totalmente distintas para o desfrute de todos.
Por iso os meus parabéns para que diseñou e atopou todas as alternativas; trialeras de subida, trialeras de baixada, con pedras, sin pedras, tramos de carballeiras, pisteo, camiños ratoneros.........................

Con todo isto non e de estrañar (exceptuando os que están a outro nivel), que a ruta non baixara de 3 e moito, 4 horas. E que por tramos econtraramos a moitos bikers que parecía que estaban a rezar por ser Domingo, pero o que estaban era a sufrir o ataque dos odiados calambres.

En resumén unha marcha de autentico BTT, que supoño que en xeral deixou contento a todo o persoal. E máis ainda cando fomos agraciados con varios premios no sorteo posterior o xantar.

Esperemos volver para ano, a ver con que nos sorprenden? polo Rubial, perdón pola Cabana. Je je je.

Crónica: Uzal.


Esta foto aparece no xornal A VOZ DE GALICIA (180412), na edición de Santiago de Compostela , como imaxe da III MARCHA BTT OS ESFOLA ARRÓS - BRIÓN.
Agrademoslle a Julio Mallo (www.briondixital.org) pola foto, e Ezequiel Mosquera (excelente ciclista e persoa) por posar con nos, por participar e colaboarar neste tipo de eventos.





150412IIIMARCHAOEA

VIDEO: http://player.vimeo.com/video/40466386

FOTOS: https://picasaweb.google.com/osesfolaarros/IIIMarchaBTTOEA2012

2 comentarios:

  1. RUta moi dura, pero co bo ambiente que hay faise ainda que sea morrendo. Boa crónica Uzal, espero ter un ferriño pa dentro de pouco ir visitarvos. Saudos!!!

    ResponderEliminar
  2. Moi boa crónica Uzal. As miñas felicitacions tamen a título persoal para a organización da marcha, un 10.

    ResponderEliminar