sábado, 31 de marzo de 2012

310312 MURALLAZO CESURES/CABRAS/ULTREIA


Con bo despetar e mellor ánimo, quedamos convocados ás 9:30 no Nautico de Pontecesures para asaltar, xunto cos nosos amigos de Ultreia e das Cabras, o monte da Muralla.
Nada máis comezar, abordámolo curioso "laberinto" que hai xunto a depuradora de Padrón e que Tino, non sei como, coñece. Foi unha boa maneira de quentalas pernas e axilizar os reflexos, pois cada pouco había que esquivar as ramas que nos obligaban a tirarnos literalmente enriba do manillar. 
Utilizamos logo, para continuala nosa ruta, a parte inicial da nosa kedada de febreiro e así, ao estilo Tino (nunca deixara de sorprenderme esta enciclopedia dos camiños do monte e derivados) aparecemos na Chisca. Dende ahí, baixada e posterior subida ao Col de Buxan -menudo porto este e non os da volta- cun protagonista indicutible; o Moroco, que cunha marcheta en plan Indurain, provocou todo tipo de comentarios coma "onde vas?", "tes presa?", por parte de Denis e de Ces. Recoñezo, que este humilde cronista, intentou seguilo, cousa que a día de hoxe ainda non me perdoou o meu corazón e moito menos ainda, as miñas pernas.
Unha vez agrupados, ascensión tranquila ao monte Treito, con Maga controlando o grupo e co Moroco maldecindo o seu avariado cambio.
Dicir a todo esto, que Agus xa comprobora a estas alturas o duro que é o chan, pero para a súa tranquilidade, á full carbon Spezialized non lle pasou nada. El rascou a perna, pero a full non, que é o que importa...
Dende alí soamemte quedaba ascender o último treito da Muralla, o que comeza no monolito que separa os concellos de Lousame, Rianxo, Rois e Dodro. Quedaba o tramo libre!!!
Moi ao meu pesar, teño que rematar esta crónica aquí, pois Diego e eu, regresamos sen afrontala subida definitiva -o deber, queridos amigos, é o deber- e ignoro o acontecido posteriormente.
Descoñezo polo tanto, como foi ese tramo libre, se o Moroco puxo a marcheta, se Simal, Ces ou Denis aguantaron e atacaron, se Tino que ía escapado coronou en solitario, se Rubén e o "paellas" Maga se meteron a roda mutuamente... O que si sei e coñezo, queridos amigos, é que Agus voltou a comprobar o duro que é o chan, esta vez, o chan do monte da Muralla.

Epílogo- Os nosos amigos botaron de menos ao "home de negro". Nós, tamén botamos de menos ao "home que brincaba nas pedras".
CRÓNICA: GULLI.


ENLACE FOTOS:

TRACK RUTA: 

CRÓNICA CES:

2 comentarios:

  1. Por favor unha cronica dos de cesures.....ja ja ja ;) estamos esperando......gran maña.....gracias a todos....saudos

    ResponderEliminar
  2. Haber se O Moroko ou Gulli se animan, xa que para pedalear somos unha boa tropa pero a hora de facer unha crónica, vamos aviados como falte o menda.

    Saudos Uzal.

    ResponderEliminar