Ainda que a miña experiencia militar limitase as películas bélicas, a planificación e organización previa e fundamental.
Razón pola cal durante toda a semana dende o noso centro de coordinación fomos reclutando a filas a todos os nosos biker para a batalla do lacón en Cuntis. E entre inscripción de un, de outro, que horario de saida, que posta a punto, ect. Pero sen darnos conta descoidamos un pouco os movementos das tropas veciñas, e sorpresa a miña cando o venres a última hora, cando xa tiña planificado sesión tallerito co Moroko, e descartado acompañar a parte do grupo a rodar previo a Cuntis.
Descubro que o Club Utreia, acompañados das cabras tiran o monte, planificaban unhas maniobras de asalto o Xesteiras.
Rápidamente investigo e intento poñerme en contacto co meu confidente das cabras (Anxo), que me confirma os pláns de ataque a cima, cun ataque directo pola pista principal. Nese instante e como coñecedor do terreo, comentolle a posiblidade dunha fusión cos nosos bikers para mostrarlle as distintas alternativas, pasando por zoas de carballeiras, trialearas e con final directo na cima sen subir pola pista princial.
Bueno, bueno, bueno, gustaríame verlle a cara Anxo nese momento, co que lle gustan os retos a este home na bike, xa vos podedes imaxinar cal foi a súa resposta.
E así despois dunhas chamadiñas, os meus pláns de Sábado tranquilo cambiaron radicalmete. E as 10:00 h encontrabame no punto de encontro establecido co noso coronel Tino recibindo a expedición visitante, e poñendo punto de partida. Primeiro club náutico, onde nos esperaban o resto dos bikers da nosa tropa e segundo a conquista do noso obxectivo.
Tan pronto tiñamos o escuadrón montado, Maga tomou o mando e quixo poñer a proba os visitantes, e coma experto coñecedor do terreo implantóu unforte ritmo que nos fixo entrar en calor e darnos conta que a saida iva ser completiña.
Ca chegada das primeiras pendentes empezouse a ver o potencial do grupo, e claramente quen viña con maior munición e curtido en batallas esixentes. Por iso o Coronel Tino divideu o escuadrón enviando os primeiros directamente o ataque sobre pinchos do 18% ao 20%, e un alternativo de recoñecemento con punto de encontro en Requián.
Unha vez reunidos no punto de encontro o plan de ataque a cima, consitiría nunha aproximación pola zoa lateral atravesando zoas infestadas de trialeras e cunha última subida directa polo cortalumes, que destrozou as poucas balas que conservavamos, e fixo que mais de un incáramos pé en terra.
(Vista na foto non parece tanto. Je je je ).
Unha vez coroado todos, inspecionado o terreo e quitado a foto de rigor, comenzamos o regreso, e aquí mais de ún sacou o avión de combate que leva gardado dentro (bueno algúns levamos un avionetiña), e apesar dunhas averias técnicas e de que Simal quixo facer un pouco de turismo pola súa conta. Encontrámonos rematando as nosas maniobras co descenso ata as fervenzas de Parafita e regreso polo camiño Portugues ata Pontecesures.
En resumén un día completo de BTT, con grandísimos compañeiros de ruta (Club Ultreia de Santiago e As cabras tiran o monte de Brión), cos cales esperamos repetir sempre que nos sexa posible.
Consecuencias no meu caso, que tendo unha boda a tarde (que se prolongou ata altas horas), e arrastrando unha pesadez de pernas. O domingo a mañan decidín que non se pode estar en tódolos lados (Ainda que me fastidiara polos nosos amigos de Cuntis), e descartei asistir a ruta do lacón.
Enlace crónica Anxo: http://lascabrastiranalmonte.blogspot.com/2012/02/25022012-cabrastxus-david-anxo.html
Track ruta: http://connect.garmin.com/activity/150538087
Crónica: Uzal.
Moi boa crónica jejeje. Foi durecha a ruta, non deberon de quedar moitos mais cortafuegos que subir...Bueno quedou un que metia medo, Chema dicia que se podia subir, e o Brandan xa estaba camiño del, menos mal que algun usou a razon para descartar tal obxetivo, mi madriña, eso era unha parede. Xa e duro o Xesteiras, pa canto máis coronalo por un cortafuegos...
ResponderEliminarE o domingo ufff, outra de pulpo!!! Ces, Jory e eu detras, aguantei 19 voltas e bo foi... Veña saudos, este domingo creo que hai unha marcha en Vedra haber se nos vemos!!!
Anxo, como xa escribín no voso blog:
ResponderEliminarTes que deixar de currarte tanto as crónicas, que nos obrigas o resto a exprimir o coco para facerche algo de competencia, xa que na bike está complicado.
Por outro lado noraboa polo terceiro posto do Domingo. Xa estades noutro nivel, e seguro que se non tuveras o tute do sabado, darías mais guerra.
Uzal.
Que boa crónica Uzal!!! Estas feito un crak da pluma. Pola miña parte felicitar tamen a Anxo pola sua impecable labor coa pluma e sobre a bike. Por suposto que nos vemos en Vedra. Saudos
ResponderEliminarDan trebón como é debido po domingo, a quitalo chubasquero do armario...
ResponderEliminar