luns, 23 de xaneiro de 2012

CRÓNICA I KEDADA BTT OS DO MONTE BRAVO (TEO).



Seis compoñentes do clube ciclista Pontecesures, desafiando ó frío e sobre todo, ó reloxio, partiron ás 8:30 da mañán do Nautico co propósito de realizar a marcha que os nosos amigos do BTT Os do Monte Bravo de Teo organizaban.
Así que, con Tino marcando o ritmo, ás 9:20 estabamos nas Galanas, lugar escollido para o inicio da quedada.
Sobre un 100 ciclistas tomaron a salida e durante os primeiros kms a ruta foi suave, discorrendo maioritariamente por sendeiros. No lugar donde se ubica o Fogar de Santiso, reagrupouse ó grupo e iniciouse a ascensión ó monte de Meda, pola súa cara norte. Pouco antes da cima deste alto tan coñecido por todos, a organización situou o punto de avituallamento.



A partir de aquí, descenso ata o lugar de Lampai para dende aquí ascender ó monte deste lugar. Duras, terroríficas son cualificativos que se quedan curtos para as rampas do monte de Lampai. Iso si, o posterior descenso, compensou o anterior sufrimento. Un descenso para tódolos gustos, pistas, sendeiros, camiños empedrados, etc...
E así, maldecindo ao Moroko que nos asegurou que esta marcha era "plana", chegamos ao punto de partida inicial, despedíndonos de todos e iniciando o retorno para Cesures pola estrada nacional.
Logo na casa Farrucan, Maga, Gulli, Elias, Tino e Moroco situaron o seu particular punto de avituallamento final. Agustín decidiu seguir rodando, especialista coma é nesta faceta...
Dende o CCPontecesures queremos felicitar ó BTT Os do Monte Bravo de Teo por esta magnífica marcha que organizaron e prepararon e a cal tiveron a xentileza de invitarnos. Grazas.


CRÓNICA: GULLI.

1 comentario:

  1. Últimamente estamos de sorte, pois unha vez mais puidemos disfrutar dunha ruta espectacular, tivemos tramos para todolos gustos: sendeiros estreitos, carballeiras, zonas para rodar, trialeiras, asfalto...encima a climatoloxia acompañou...En fin, unha finde completiña...
    Moitas gracias os anfitrions, e moitas gracias a Uzal e Gulli por ese traballo no blog, unha vez mais, un 10...

    ResponderEliminar