Sabado 05-11-11, a saída foi dende o Náutico, como sempre, pero esta vez as 15.30 debido o cambio horario...
Os ultimos que chegamos ó nautico puidemos disfrutar dunha bonita estampa, xa que o grupo cada día é maior e atopámonos cun poblado pelotón de nada mais e nada menos que 24 mtbikers...Impresionante!!!
Neste nutrido grupo, temos que destacar a presencia de xente veterana no mundo da competición, así como de xente non tan veterana pero si con tablas mais que suficientes neste mundillo, o que fixo que desde o primeiro momento o ritmo fose "bastante alegre", provocando as queixas de mais de un....
A ruta elexida para a ocasión foi preciosa, pero esixente: Saída por Lestrove cunhas primeiras rampas xa bastante duras, pasamos por Rois e completamos unha subida cara a Muralla por un camiño tan coñecido como duro...
A primeira incidencia importante sufriuna Fabeiro, partindolle a tija de cuajo e facendo que se tivera que retirar en Rois voltando para a casa cun cabreo importante... Polo demáis o resto da subida sin incidentes, con moito sufrimento, pero sin incidentes que é o importante...
Na baixada a primeira parte salvouse sen problemas a pesar de ser unha baixada moi técnica, e xa na segunda parte si que tivemos un par de incidentes, o primeiro foi un llantazo de Boby, subsanado sen maiores consecuencias cun neumático novo, e unha segunda incidencia con Victor, cun llantazo forte que fixo que voltase para a casa andando dende Buxán!!!!
Estas incidencias provocaron que o pelotón se dividise e que chegásemos á casa con noite e a contagotas, pero bueno, cero accidentes e xa con ganas de que chegue a próxima saída...
Comentar tamén que nesta saída se notaron algunhas ausencias importantes, a de Uzal que fai que non teñamos reportaxe gráfico da mesma, a de Maga, pois sempre se agradece o ruído que vai facendo no pelotón e a duns veteranos do pelotón que sempre gusta telos presentes (Tarri, Ely, Melenas,...), esperemos para a proxima saída contar con todos eles, e desta maneira conseguir que as tardes de MTB ademais de ser para facer deporte e disfrutar das paisaxes, volvan a ser unha festa e un cachondeo como ten sido fai anos...
Crónica: Moroko.
Moi boa crónica moroko
ResponderEliminar