domingo, 21 de agosto de 2011

FOTOCRONICA I RUTA BTT XESTEIRAS - CUNTIS.





 O Pasado 7 de Agosto, Tino, Moroko, Rubén, Maga e Diego, participaron na I RUTA XESTEIRAS - CUNTIS. 


Os nosos bikers, deixaron o club en bo lugar, destacar que Tino foi o gañador da ruta sacandolle varios minutos o segundo clasificado. O noso home anda fino, xa que o día anterior fixemos unha saida de 40 km, e na ruta o quad que a encabezaba costoulle seguir o ritmo, e non decir nada da fotógrafa, xa que soamente o pillou na saida e nos pinchos do final.
 Pero o resto non se quedou atrás, xa que Maga e Moroko chegaron no 5º e 6º lugar, seguidos pouco despois de Rubén. Por outro lado a Diego pareceulle corta a ruta e nun dos cruces do final equivocouse volvendo a comenzar o percorrido, e para cando se deu conta xa decidira volver na bike pra casa.

 ENLACE FOTOS:

https://picasaweb.google.com/114419717322426471963/MARCHAXESTEIRAS2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario