xoves, 31 de maio de 2012

TOMAMOSLLE UN BTTINTO (RIBADUMIA)



ESTE PRÓXIMO DOMINGO A PESAR DAS MOITISIMAS ALTERNATIVAS, UNHA AMPLIA REPRESENTACIÓN DO NOSO GRUPO DESPLAZARASE ATA RIBADUMIA PARA PARTICIPAR NA 1º RUTA BTTINTO, NA QUE COLABORAN OS NOSOS VOS AMIGOS DO CDMXESTERIAS (CUNTIS).

EN PRINCIPIO NON POÑEMOS HORARIO DE PARTIDA COXUNTO, POR ESO RECOMENDAMOS CONCRETAR DE MANEIRA INDIVIDUAL. 

POR ÚLTIMO DEIXOVOS A SEGUIENTE DESCRIPCIÓN E TRACKS, PARA POÑERVOS EN SITUACIÓN: 


DESCRIPCIÓN DA RUTA (cortesía de Monso - Armenteira e punto):
En realidade son dúas rutas, unha de 46 kms, ou larga, de dificultade física e técnica media-alta, con puntos de nivel técnico alto e outra ruta de 33 kms, ou curta, con dificultade física-técnica media.
O percorrido inicial é o mesmo, pero ofrece dúas alternativas para acurtar antes do avituallamento (Km 20), na primeira sacámoslle 2 Kms. e na segunda sacámoslle 3 Kms. chegando así con 15 Kms ó avituallamento. As alternativas non só recurtan en distancia, senón que están deseñadas para evitar as zonas máis técnicas do percorrido, para que así tódolos participantes poidan gozar da ruta elixindo o percorrido que máis se adecúe ás súas posibilidades. As dificultades vanse incrementando, polo tanto se temos dificultades no primeiro tramo largo, o ideal será non probar no seguinte e escoller o curto.
Despois de repoñer forzas temos dúas posibilidades máis de recurtar o percorrido, unha nada máis saír do mosteiro de Armenteira, que nos aforra 5 kms e de paso tamén unha das subidas máis duras e técnicas da ruta. A outra no Km 30 (avituallamento líquido), onde acurtamos 3 Kms deixando de subir ó teito da ruta, 600 mts. Chegamos así a liña de meta con 5+ 8 = 13 Kms menos, e dicir 46 km. totales – 13 km. que acurtamos = 33 Kms de ruta curta.
Sairemos de Barrantes as 09:30, despois de dar unhas voltas polas principais rúas e de forma controlada, dirixímonos por asfalto dirección a San Martiño, pola entrada a Aldea de Pedra da famosa ruta da Pedra e da Auga. Seguimos a senda un rato, ata que nos desviamos dirección Cabeza de Boi cruzando a estrada da Armenteira. Neste punto aparecen as primeiras subidas que nos dan os primeiros sinais do que nos espera. Son pistas anchas, sen dificultade técnica hasta o km 6, entre Fofan e Castiñeira, onde unha rampa de pedras soltas nos fará botar pe o chan se non a encaramos con decisión.
Cruzamos a estrada Fofán Castiñeira e con unha rampa de asfalto, poñémonos no km 8, onde nos aparece a primeira alternativa. A opción curta non presenta ningunha dificultade salientable, mentres que a larga despois de un longo llaneo e unha pequena baixada, entramos de cheo nunhas rampas que coñecemos como Ruta dos Cabalos, que como non regules as forzas, fas pé seguro. Na metade, un pequeno respiro e unhas vistas da ría impresionantes A Toxa, O Grove, A Lanzada, (se te fixas ben, ves ata a xente na Torre de Hércules, pero tes que fixarte ben); e non te esquezas que queda outro repeito ata o vértice geodésico do monte da Queimada. Logo llaneo e leve descenso ata o km 12 onde se xuntan de novo as rutas a altura do Vicaño, para logo atravesar Valboa (aquí hai dúas fontes onde refrescarse) e novamente a estrada de Armenteira.
Conxuntamente ascendemos por un sendeiro e uns camiños de monte, que nos poñen a altura dos petroglifos (km 14).
De novo nos separamos e mentres uns descenden xa para o avituallamento, por un bonito sendeiro, outros seguirán subindo ata a altura do campo de golf, por un camiño de monte sen dificultade, para logo entrar nun singletrack moi divertido, que nos fará sortear obstáculos de todo tipo e algúns regatos sen dificultade.
Entramos despois nunha calzada romana en baixada (camiño dos Tornadoiros), solo apta para algúns, (“mariachi puro”, como dín por ahí) pola dificultade técnica que presenta.
Saímos a unha pista ancha, en lixeira subida, poñémonos enseguida noutra baixada espectacular (do mellor do día, pero que require de un bo nivel técnico), sendeiro estreito que zizagueando e sorteando árbores, valos, pontes de madeira e algunha pedra agochada déixanos no mesmo avituallamento cun sorriso de orella a orella. (Entre as 11:00, 11:30 h sería o ideal)
Comemos e hidratámonos despacio, saboreando, no marco incomparable do mosteiro de Armenteira (onde o santo Ero quedara 300 anos embelesado mirando un paxariño), e vamos pensando, se acurtar, ou facer o que, a priori, e a parte máis esixente do percorrido. Comezaríamos con unha zona de pedras moi esbaradizas en lixeira baixada, para adentrarnos na carballeira de Cartas, un sendeiro espectacular que nos ira guiando ata Couso por unha mezcla de camiños, carreiros e corredoiras moi divertidos.
Neste punto atopámonos de novo na Ruta da Pedra e da Auga, nunha das cotas mais baixas (vinte e poucos metros no Km 24, con 10 Kms por diante para poñernos nos 600 mts).
Comenzamos a subir dende Couso polo camiño do Chimpelete, recordaredes este nome porque as rampas "se las traen"; pequena baixada e volta a subir unha rampa caseque imposible, para logo atopar a estrada Silván Armenteira, pequeno descanso para coller o camiño do Castelo, unha muralla de pedras ó que solo lle falta o foso para facer honor o seu nome. A altura do cruceiro do Castelo (sen cruz), arrexuntámonos de novo cos da ruta corta, que se aforraron os 5 Kms máis duros da ruta.
Sorteando os prados de Vilar, continuamos en ascenso por uns trillos, como din os portugueses, para alcanzar unha pista que llaneando primeiro, a altura dos outeiros de Silvan, volve a sacarnos as poucas gotas de suor que nos quedan.
Unha vez de alcanzar a pista dos petroglifos as porcentaxes de inclinación diminúen, adentrámonos nun piñeiral, sorteamos un regato e a través dunha pista ancha chegamos ó avituallamento líquido do Km 30.(12:30 13:00 h, máis tarde recomendase non subir ás antenas).
Os que aínda lle queden forzas subiran as antenas do Castrove pasando por outro punto onde as vistas, neste caso da ría de Pontevedra, son para flipar, co a illa de Tambo e a cidade de Pontevedra (nin un fiordo noruegués). Antes de escomenzar a baixada nova panorámica, neste caso toda a Ría de Arousa e o Val do Salnés, rodeado polos montes do Acibal, Cadavo, Arca, Xesteiras, Xiabre e Lobeira.Espectacular.
Baixamos por unha pista rápida e collemos unha senda moi bonita que nos deixa noutra pista (do Icona) xunto cos da ruta curta. Uns metros máis adiante baixada rapidísima, non exenta de perigo, para afrontar a última alternativa. Trialeira uns, camiño rápido outros. Os primeiros despois dunha baixada de alta dificultade técnica chegaran ó Bike Park, este require calificación a parte. Sendeiro en baixada divertidísimo, pero con dificultades intermedias que requiren de moita destreza, non apto para todo o mundo, polo tanto moita precaución e non entorpecendo o que veña detrás e queira ir máis rápido. Alucinante.... esa e a palabra.(para repetir un cento de veces).
O remate do Bike Park ( Muíño das Salcedas, km 39 aprox.) volta a agruparse, para facelo definitivamente ata meta. Sendeiro que nos acerca a San Salvador de Meis, para logo dunha encruzillada de asfalto, poñernos de novo no monte en pequena subida, pero coas forzas xustas a estas alturas e percorrendo uns camiños cubertos de frondosas arboredas. Aínda nos agardan unhas últimas baixadiñas, facéndonos esquecer esas calambres que nos acechan nos últimos metros, antes de entrar na meta diante do concello, co recoñecemento e os aplausos dos alí congregados.
TRACKS DAS RUTAS EN WIKILOC:

domingo, 27 de maio de 2012

EN BUSCA DO MONTE BOLA 260512.

¡Que mellor título para crónica!, eso foi o primeiro que me veu a cabeza tras preguntar o nome do monte que acabábamos de coroar.
O monte bola, je je je, que recordos da miña infancia, e de tódolos capítulos de SON GOKU. Así que comenzamos ca aventura:

 

Últimamente o Moroko non para co Whatsapp, e preparounos unha rutiña en terretoiro Das Cabras comandada por Denis e ca sempre boa compañía dos Ultreia.
Así que as 15:00 h partidos dende o club náutico rumbo a Gasolinera dos Ánxeles. Sen baixar de plato fixemos os 18 km nas nosas nubes kindo, para chegar con tempo suficiente de tomar un cafeciño ata que chegaron os nosos compañeiros de ruta.

Non me gusta buscar parecidos, nín poñer rol os participantes. Así que deixo a imaxinación e o gusto de cada un, buscar o parcecido cas pesoaxes de DRAGON BALL.




Unha vez que xa teñades repartidas as personaxes de animación cos participantes na ruta (espero que non vos vexades influenciados pola distribución das dúas fotos, je je je), fareivos un pequeno relato.

Partimos as 16:00 h do punto de partida enlazando o trazado da ruta de Ames organizada o ano pasado por CCAGC, cun trazado rodador acompañado dunhas pequenas rampas con bastante desnivel e pedras solta.
Fumos sumando kilómetros ata chegar a un precioso trazado paralelo o rio Tambre que fixo as delicias de todos para chegar a praia fluvial de Tapia.
Neste punto aproveitamos para repoñer forzas, planficar o noso seguinte obxetivo (encontrar o monte Bola), e quitar a foto de rigor.


Neste momento a nosa Bulma particular conetou o seu radar e encamiñounos hacia Bola. Non sen antes entrar na parte mais dura da nosa batalla cunha primeira subida bastante técnica (polo desfeito do camiño), para ir enlazando subida tras subida enlazando ca última parte da ascensión, donde sairon a relucir os autenticos super heroes e no caso de Simal en super guerreiro.


Xa ca Bola no noso poder buscamos novos retos e encamiñamonos hacia o Monte Pedroso por zoas de monte con algunha boa baixadiña.
Pero falando de baixadiñas as mellores ainda estaban por vir, xa que a altura da cima do Pedroso encamiñamos primeiro unha longa e rapida, e posteriormente unha parte do grupo fixemos o circuito de descenso de DH, ca mirada atónita e supoño cos comentarios dos rapaciños de descenso "Onde irán esos flipaos".

Unha vez reagrupados no Pombal continuamos por un precioso paseo o carón do rio Salera ata parte posterior do Clínico, onde nos despedimos do Ultreia, continuando o resto do pelotón por carretara ata Bertamiráns.
Xa os km se notaban nas pernas, e quen daría unha faba máxica para recuperar forzas e afrontar o último tramo. Pero a falta de fabas, atallos e Denis guiounos para recortar km, pero ainda poder desfrutar do tramo do rio que soemos facer habitualmente nas nosas rutas por esos terreos.

Pouco mais que contar, que o final sumamos 85 km e que desfrutamos de boa compañia e do deporte que nos une. Xa tarda a seguinte.

 

CRÓNICA: UZAL.

martes, 15 de maio de 2012

ENLACES FOTOS ÚLTIMAS MARCHAS.


POR PETICIÓN POPULAR DEIXOVOS OS ENLACES DAS FOTOS DAS ÚLTIMAS MARCHAS NAS QUE PARTICIPAMOS.
AGORA QUE CADA UN  PASA O TRABALLIÑO DE BUSCARSE, COPIAR OU DESCARGAR AS SUAS FOTOS.

TARAGOÑA 


XAN XULIAN DE SALES (VEDRA)


VILAGARCIA




CALDAS



BRION


SAIDAS VARIAS SABADO 120512

SAIDA Nº 1

O Sábado pola mañán as promesas do club realizaron unha ruta de 45 km, recorrendo gran parte da nosa kedada, pero que variaron a partir da Chisca, para poder facer a subida O Treitro e A Muralla. 

Como tiñan o día explorador coroaron A Muralla pola variente da mán dereita (Xa que ningún fora nunca por esa alterntativa), e o regreso decidiron buscar camiños novos ata chegar o alto de Aguasantas, rematando a súa aventura por carretera. 




SAIDA Nº 2

Saida habitual do Sábado a Tarde,  e xa e casualidad que decidiron Coroar A Muralla e buscar camiños novos. Pero según a pequena crónica de Agustín e as fotos de Victor...................

Cando vos contan as historias de "perdidos no monte" ou "sen saida", os que non o viviron en primeira persoa pensan que se trata dunha lenda urban, asi sucedia con victor...
Onte as 4 saimos do clube nautico con sentimento de que ia ser unha ruta tranquila hacia o cumio da muralla, xa que os bikers mais guerrilleiros non estaban.
Sen embargo cando chegamos a teaio o noso gps (tino) marcounos unha ruta nova cuns desniveis e buratos propios do everest, pero o mais divertido veu xusto despois cando baixando pola parte datras da chisca e tras 5 min de baixada nos vimos no medio dunha silveira...co unico pensamento...mañan vou ir a praia cas pernas todas rascadas ou para que viria de corto!
Para a xente que tras este relato non crean todavia, votadelle un ollo as fotos e xulgade por vos mesmos...





SAIDA Nº 3

Varios dos nosos Bikers e amigos, desplazáronse a Taragoña para participar a XIII SUBIDA BTT AO CASTRO BARBUDO.



Enlace clasificación: http://www.castrobarbudo.com/drupal/files/u1/Chegada%202012%20web.pdf

luns, 14 de maio de 2012

RUTA FISTERRA COS ULTREIA


O día, teño que recoñecer, comezou polo miña parte con moito, pero que moito respeto. Un non está acostumado a facer nun día e moito menos de seguido 126 kms!!!
Así que con estes "temores", ás 10 da mañán Moroco máis eu, presentámonos puntuáis na Alameda de Santiago ao noso particular desafío.
Unha vez saludado aos nosos amigos do Ultreia, partimos hacia o Obradoiro para dende alí comezar a ruta.
Ao pouco de sair, primeira dificultade na subida que comeza en Augapesada e remata no Alto do Mar de Ovellas, donde unha fonte permítenos avituallarnos logo de tan dura ascensión.
Dende aquí, xa o grupo partido en dous (un grupo vai directamente a Fisterra e o outro a Fisterra por Muxía), descendemos ata Ponte Maceira para o pouco, chegar a Negreira.
Unha abandonada Negreira o seguinte punto que tomamos coma referencia é a localidade de Olveiroa, a 30 kms de distancia. Para chegar alí atravesamos pistas asfaltadas, camiños empedrados, ascendemos algún monte e bordeamos ríos. Aparecen os primeiros pinchazos, polo que o ritmo se ralentiza, cousa que as nosas pernas agradecen.
Unha vez deixado atrás Olveiroa, case sempre por camiños, chegamos a un lugar chamado Hospital, que é donde se separan ou bifurcan os camiños.
Dende este lugar a Muxía quedan sobre 25 kms, que inxenuamente Moroco máis eu, creiamos de baixada. Todo o contrario, subidas, un pouco de baixada, volta a subir (eso si, por espectaculares camiños) para entrar en Muxía conversando con Brandan, que saíra de Santiago ás 12:15!!! con Juancho e a 10 kms de Muxía xa nos alcanzaran.
En Muxía, fotos de rigor, avituallamento e saída á busca dos últimos 35 kms da xornada.

Pero, sen dúbida o peor viña agora. Unha vez abandonada Muxía atopámosnos cun monte, que evidentemente, hai que subir. Non é que a subida sexa dura a pesar de que é longa, pero os 95 kms nas pernas pesan e todo, calquer dificultade, reventa.
Despois, o de toda a xornada, arriba, abaixo, abaixo e arriba... iso si, as veces por camiños espectaculares de monte.
E o fin, logo de tanto monte aparece... Fisterra e logo, ao fondo... o faro.
A palabra que mellor define o meu estado, e a do Moroco creo que tamén é a de liberación. Reto conseguido!!!

Logo, dez kms máis bike ata a praia Sardiñeira para alí cargalas bicis no bus, ducharnos e disfrutar duns mágnificos pinchos... cousa que un servidor non puido facer, pois un espectacular corte de dixestión, impediulle rematalo día como merecía, que non era que doutro xeito que cunha boa enchenta.
Moitas grazas aos nosos amigos do Ultreia por invitarnos a esta xornada de bike e parabéns pola excelente organización e mellor compañerismo.
Simplemente un 10.


Enlace crónica Antonio (Ultreia): http://www.clubultreia.com/camino-de-fisterra-2/
Enlace fotos: https://picasaweb.google.com/ClubUltreia/FISTERRA2012120512#

CRÓNICA: GULLI.

3º FIN DE SEMANA DE MAIO


INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: http://www.bikestrada.com/newhome/

sábado, 5 de maio de 2012

URXENTE!!!!!!!!!!!. PROBAS E PEDIDO DA NOVA EQUIPACIÓN CLUB CICLISTA PONTECESURES.

PUNTO 1º LISTA DE SOCIOS

  NOMBRE SOCIO CLUB
1 JOSE RAMON DE JESUS GONZALEZ
2 JOSE FERNANDEZ PRIETO
3 CARLOS FERNANDEZ PRIETO
4 LUIS ANGEL TUBIO FERREIRO
5 JUAN CARLOS MAGARIÑOS SUAREZ
6 JOSE MARIA GARCIA FERRO
7 SERGIO PEREZ FERRO
8 EDUARDO VIDAL MEJUTO
9 JUAN JOSE LAGARES RARIS
10 ARTURO BUSTELO RIAL
11 JOSE LUIS PADIN IGLESIAS
12 DIEGO GARCIA UZAL
13 JUAN JOSE TAIBO SILVA
14 NELSON PEREIRO VAZQUEZ
15 DIEGO CASAL ANDRADE
16 CONSTANTE LESTIDO GERPE
17 EDUARDO BLANCO MOREIRA
18 RUBEN CASTIÑEIRAS MONDRAGON
19 IVAN VIDAL VIDAL
20 AGUSTIN CASTRO LOPEZ
21 JOSE LUIS LIÑARES MIGUENS
22 ELIAS OLIVEIRA REY
23 GUSTAVO GARCIA ABALO
24 ELOY IGLESIAS CRISTOBO
25 VICTOR SANTOS FANDIÑO
26 MIGUEL PENEDO PEREZ
27 VICTOR MANUEL FRIEIRO PORTAS

* Estos socios abonaron a cota inicial de asociación correspondente a creación do club  ano 2011.


PUNTO 2º  Cos fondos actuais entre aportacións e patrocinadores. Ditos socios saldralles de valde:Culotte corto - badana técnica, Maillot corto - cremallera completa e Maillot largo.
PUNTO 3º  Calquera prenda a maiores que se queira pedir. Tanto socios coma calquer interesado tera que pargar o PVP + IVA Portugués (23%) do listado de precios (*Socios consultar).
LISTADO DE PRECIOS:

Culotte corto, badana técnica............................. 30,90 €
Maillot corto, cremallera completa.....................  22,90 €
Culote largo, badana tecnica .............................  37,80 €
Chaqueta invernal .............................................   48,40 €
Maillot largo ......................................................    34,00 €
Pirata con badana tecnica  ................................  38,80 €
Chaleco antiviento ..............................................  36,00 €
Calcetines .............................................................  ???
PUNTO 4º Importantísimo!!!!!!!!!!. As prendas que pidan a maiores socios ou interesados, terá que ser abonado o seu importe na conta corrente do CCPONTECESURES. Especificando datos persoais e prendas solicitadas. 
BANCO BANESTO - PONTECESURES.
> Entidade-0030
> Oficina-6158
> DC-43
> Nºconta-0298022273
PUNTO 5º  O periodo para probar a roupa, anotar as prendas a maiores e realizar o ingreso dos cartos na conta do club. Sera dende o 050512 ata 120512.
PUNTO 6º  A roupa poderase probar na TABERNA durante o periodo anteriormente citado. E cada socio ou interesado deixará anotado as tallas correspondentes e as prendas que vaian a pedir a maiores. No caso dos interesados deixar número de teléfono de contacto.
Importante!!!!!!!!!!!!!. Prioritariamente probar a roupa no local.
PUNTO 7º DISEÑO DA ROUPA



* O Diseño está pendente da inclusión dun novo patrocinador.

CCPONTECESURES.


TELÉFONO DE CONTACTO: 609785230.


mércores, 2 de maio de 2012

010512 UN DIA CARALLUDO DE BTT

 
Este primeiro de Maio aproveitamos para celebrar o día do traballo da mellor forma posible. Cunha rutaza polos camiños, trialeras, e baixadas que nos regala o Xiabre.
Pero se a todo esto lle sumamos as excelentes concicións do Monte para a práctica do BTT despois das últimas chuvias. O resultado non pode ser outra que un día caralludo.

¿Quen dixo que madrugar un festivo chuvioso non era divertido?. Je je je.

Xa me tarda a próxima.


martes, 1 de maio de 2012

CUÑAOOOOOO!!!!!!!!!. RETO CONSEGUIDO



-101 Peregrinos visto por un CesuresBtt:
Teño que recoñecer que cando Diego me propuxo participar nos 101 peregrinos pensei que estaba Tolo, e cando me dixo que a inscripción costaba 40 euros pensei que todavía estaba mais tolo, jajaja
Partimos cara Ponferrada o Venres a media tarde, xa pola autovía coincidimos con varios coches e furgonetas que portaban bicicletas e que nos facian intuir que levaban o mesmo destino, eso xa nos ia metendo en materia...
Unha vez localizado o hotel, e despois da pateada de rigor visitando o casco histórico, acercamonos o Complexo deportivo para asegurarnos de que a nosa documentación estivese en regla e saber de donde partiriamos o día seguinte. Nada mais chegar o pavillon, unha agradable sorpresa, a familia Ultreia o completo!!! A cousa pintaba ben, tiñamos uns padriños de luxo...

Sábado pola mañan, mala noite para os dous. Diego que seguía con problemas estomacais que arrastraba dende o Xoves e eu sin pegar ollo en toda a noite...
No almorzo podemos ver como o 100% da xente do hotel son deportistas dispostos a deixarse a pel nos 101.
Na saida a cousa impresiona debido a gran cantidade de participantes, así como, a cantidade de público que esta espectante polas ruas do centro.
Despois dun pequeño tramo neutralizado polo centro, empezamos a meternos en materia, estamos en familia, Ultreias, Cabras, equipacions de Xanela (OEAS), de Rianxeira, galegos por todas partes...
Os primeiros km o pelotón tarda en estirarse, todo mundo busca atopar unha posición cómoda pero o mais adiantada posible e a marcha faise incómoda, hai que ir moi atentos...
Nestes primeiros km dou as gracias en silencio o meu amigo Uzal por enviarme as crónicas de años anteriores, pois no primeiro tramo de auga con verdin vemos como 2 mozos dan cos oso no chan, que dolor!!!
As paisaxes son espectaculares, tivemos de todo, camiños anchos, estreitos, trialeras, rampas con subidas interminables, baixadas, barro, auga, pedras, follas...
Teño que destacar a actitude da xente en todos e cada un dos pobos polos que fomos pasando, animaban en todo momento como si fosemos profesionais...
Diego cada vez esta peor do estómago, obrigandonos a parar en varias ocasions e facendo que os fantasmas do abandonó ronden a sua cabeza...
O final, despois de moitas horas, moitas sensacions, moitas charlas con xente de toda españa, despois de reparar duas cadenas rotas 2 chavales (un deles desfaciase en agradecementos, queriame invitar a comer, jajaja), e despois de moito, moito sufrimento, alcanzamos a meta pasadas as 6 da tarde...

* Conclusions:
- Cando rematei a proba comprendin a Valentino cando se despediu da Yamaha antes de irse a Ducati, eu cunha Mondraker encargada e cantas alegrías me ten dado a miña Cube...
- Despois dos 101 Diego e o meu ídolo: Seguramente a nivel físico fose un dos días, sinon o mais duro da sua vida, rematou ou 101 sin apenas poder comer e con moito pero moito sufrimento, un 10 para el...
- Outro 10 para toda a xente dos pobos que fomos atravesando na marcha, incrible como participaban e animaban a todo mundo.
- Un 10 tamen para a organización: moitos avituallamentos, a xente moi amable, sitio para gardar bicis, moitas mangueiras e con presión para lavado, regalo de 2 camisetas, medallas...
- A nota negativa e para moitos dos participantes, xa que a pesar de que nos avituallamentos había moitos recipientes para tirar a basura, ainda así, a escasos 50 ou 100 metros dos mesmos estaba cheo de plásticos tirados no camiño.
*Sin dubida, sempre que poida, os 101 peregrinos serán unha cita obrigada no meu calendario...

35587808:12:0312,32kmh.Diego Casal Andrade(168º)-BDM SEN MasculinoPADRON
35687908:12:1012,31kmh.Jose Maria Garcia Ferro(167º)-BDM VET A MasculinoPADRON


FOTOS:

CLASIFICACIÓNS:

CRÓNICA: MOROKO.





VI BTT CONCELLO DE POIO / I RUTA BTT A PEDRA DA CRUZ - ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS)

Este pasado fin de semana a axenda estuvo moi axetreada, comenzado pola participación de varios dos nosos bikers no VI BTT CONCELLO DE POIO, puntuable para o open Galego de BTT.



Rubén (Sub-23), Mejuto (Master-30), Maga (Master-40) e Tino (Master-50), deixaron en bo lugar o noso club, nun circuito moi técnico, con varias trialeras de baixada que fixeron desfrutar o máximo os nosos bikers.


CLASIFICACIÓNS: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/957_C%20GENERAL.pdf

O día seguinte unha amplia representación deplazouse a Arcos da condesa (Caldas de Reis), Para participar na I RUTA A PEDRA DA CRUZ.
Ruta na que colaboraban e diseñaron os compañeiros do PCUMIA. Con un recorrido non excesivamente duro, con moito pisteo e continuas baixadas e pequenas subias. Pero que o final deixounos unha boa pesadez de pernas debido o ritmo que marcamos rematando os 32 km en 2 horas.
Destacar que o primeiro clasificado foi o noso compañeiro Rubén, que viña con ganas despois de ter que abondonar por unha avería o día anterior en Poio.


A modo persoal foi unha ruta distinta, xa que Maga decideu acompañarme toda a ruta, e comprobar in situ como e unha marcha no medio do pelotón.
O final él acabou pasando en grande, e eu tuben que dalo  todo para que non estuvera parado a esperar por mín.

ENLACE FOTOS:
https://plus.google.com/photos/114419717322426471963/albums/5736914501893540657?banner=pwa

https://plus.google.com/photos/104984753042607601957/albums/5737219393826135553?banner=pwa

CRÓNICA: UZAL.