sábado, 31 de marzo de 2012

310312 MURALLAZO CESURES/CABRAS/ULTREIA


Con bo despetar e mellor ánimo, quedamos convocados ás 9:30 no Nautico de Pontecesures para asaltar, xunto cos nosos amigos de Ultreia e das Cabras, o monte da Muralla.
Nada máis comezar, abordámolo curioso "laberinto" que hai xunto a depuradora de Padrón e que Tino, non sei como, coñece. Foi unha boa maneira de quentalas pernas e axilizar os reflexos, pois cada pouco había que esquivar as ramas que nos obligaban a tirarnos literalmente enriba do manillar. 
Utilizamos logo, para continuala nosa ruta, a parte inicial da nosa kedada de febreiro e así, ao estilo Tino (nunca deixara de sorprenderme esta enciclopedia dos camiños do monte e derivados) aparecemos na Chisca. Dende ahí, baixada e posterior subida ao Col de Buxan -menudo porto este e non os da volta- cun protagonista indicutible; o Moroco, que cunha marcheta en plan Indurain, provocou todo tipo de comentarios coma "onde vas?", "tes presa?", por parte de Denis e de Ces. Recoñezo, que este humilde cronista, intentou seguilo, cousa que a día de hoxe ainda non me perdoou o meu corazón e moito menos ainda, as miñas pernas.
Unha vez agrupados, ascensión tranquila ao monte Treito, con Maga controlando o grupo e co Moroco maldecindo o seu avariado cambio.
Dicir a todo esto, que Agus xa comprobora a estas alturas o duro que é o chan, pero para a súa tranquilidade, á full carbon Spezialized non lle pasou nada. El rascou a perna, pero a full non, que é o que importa...
Dende alí soamemte quedaba ascender o último treito da Muralla, o que comeza no monolito que separa os concellos de Lousame, Rianxo, Rois e Dodro. Quedaba o tramo libre!!!
Moi ao meu pesar, teño que rematar esta crónica aquí, pois Diego e eu, regresamos sen afrontala subida definitiva -o deber, queridos amigos, é o deber- e ignoro o acontecido posteriormente.
Descoñezo polo tanto, como foi ese tramo libre, se o Moroco puxo a marcheta, se Simal, Ces ou Denis aguantaron e atacaron, se Tino que ía escapado coronou en solitario, se Rubén e o "paellas" Maga se meteron a roda mutuamente... O que si sei e coñezo, queridos amigos, é que Agus voltou a comprobar o duro que é o chan, esta vez, o chan do monte da Muralla.

Epílogo- Os nosos amigos botaron de menos ao "home de negro". Nós, tamén botamos de menos ao "home que brincaba nas pedras".
CRÓNICA: GULLI.


ENLACE FOTOS:

TRACK RUTA: 

CRÓNICA CES:

venres, 23 de marzo de 2012

"URXENTE E MOI IMPORTANTE"


"URXENTE"

ESTA INFORMACIÓN VAI PARA TÓDOLOS SEGUIDORES DO NOSO BLOG.

AO NOSO COMPAÑEIRO E AMIGO ANXO, ROUBARONLLE AS SUAS BIKES. NECESITAMOS QUE CALQUERA QUE TEÑA INFORMACIÓN OU AS VEXA, NOS ENVIE UN MAIL A cesuresbtt@gmail.com OU SE POÑA EN CONTACTO CO PROPIO ANXO (669579340).
TODOS SABEMOS O IMPORTANTE QUE SON PARA NOS AS NOSAS E BIKES, E XA NON VAMOS A FALAR DO SEU PREZO, OU DOS SACRIFICIOS QUE TEMOS QUE FACER PARA CHEGAR A COMPRAR UNHA BOA MÁQUINA.

DEIXOVOS A MENSAXE QUE NOS EVIOU ANXO: 

XENTE DE CESURES, QUERIA PEDIRVOS UN FAVOR, HOXE ACABAN DE ROUBARME AS MIÑAS DUAS BICIS, UNHA ORBEA ALMA H10 BLANCA,CA QUE SUELO ANDAR HABITUALMENTE E UNHA MMR. SE POR CASUALIDAD AS VEDES, A ORBEA PRINCIPALMENTE, AGRADECERIA QUE VOS PUXERADES EN CONTACTO CONMIGO 669579340. MOITAS GRACIAS.

E O AMIGO DO AGENO DECIRLLE QUE E UN GRAN HIJO DE... 28 ANOS PA TER UNHA BICI O XEITO E AHORA...HAI QUE JODERSE!!!!!

domingo, 11 de marzo de 2012

II MANIOBRAS ULTREIDA, CABRAS E CCPONTECESURES.


Xa estamos entrando de pleno en rutas, marchas, maratóns e competicións. Pero os entrenos por club, xa son outra historia, agora o que se leva son as maniobras conxuntas.
Despóis do éxito da primeira edición con ataque a Xesteiras, o novo reto Xiabre. E como era de esperar tocóu madrugar, e as 9:00 h os cazas dos Ultreia aterrizaban no punto de econtro.
Pasaban algúns minutiños, e pronto se uniron o grupo Ces e colegas, e un só membro das Cabras (nesta ocasión Denis), Xa que o parecer a Anxo.......Je je je.
 Rapidamente encamiñámonos cara Pontecesures onde nos esperaba o resto do grupo e de alí directos a batalla.
O primeiro tramo pequenos tramos de caballeiras, monte e carretera, ata que enlazamos cara o alto de Cordeiro, con tramos para todolos gustos cortalumes (Onde Diego da peña Trevinca empezou a demostrar a súa clase), trialerillas cara arriba, trialerillas cara abaixo. E así ata chegar o algo da carretera entre Catoira e Carracedo, onde comenzou o asalto final o noso Obxectivo.
Non podo cocretar como foi a parte final global, xa que o grupo divideuse en dous, os máis prepararos realizaron un ataque alternativo atravesando varios campos de minas, e o outro una ataque directo pola vía principal, para acadar unha conquista exitosa de todo o pelotón.
E xa vos imaxinaredes pola foto, foi o noso momento de relax e disfrute da paisaxe, porque tocaba regreso con cortalume para empezar, seguido de baixada polo medio dún pinar cheo de fiusa e para rematar doble sesión, primeiro por sendeiro paralelo o un regato, e por último paseo pegado o Ulla ata chegar o punto de partida.


Aquí queda este breve resumen do que foi outro gran día de Btt, con un gran grupo de bikers e sobre todo con un grupo de amigos.
Pronto cando o calendario o permita tendremos unha nova maniobra conxunta, e desta vez tocaranos a nos visitar os nosos amigos.

http://lascabrastiranalmonte.blogspot.com/2012/03/un-dia-caralludo-pa-unha-matanza.html

100312XIABREULTREIA/CABRAS

Crónica: UZAL.

martes, 6 de marzo de 2012

O PASADO FIN DE SEMANA A NOSA XENTE MOVEUSE.

O NOSO COMPAÑEIRO EDUARDO MEJUTO, PARTIPOU NA TRANSGALAICA DE COTOBADE. ESPERAMOS QUE NA PRÓXIMA PROBA O 25/03/12 EN SANXENXO, SE ANIMEN MÁIS BIKERS DO NOSO GRUPO .




ENLACE FOTOS:




MOROKO, DIEGO E AGUSTÍN, PARTICIPARON NA II RUTA BTT DA CAMELIA EN VEDRA.











E O SABADO A HORA DE SEMPRE O GRUPO FIXO UNHA RUTA POLA CABANA.


3.300 VISITAS MESUAIS NO NOSO BLOG.

SI SEÑORES AS ESTADISTICAS DO NOSO BLOG NON MINTEN E ESTAMOS TENDO 3.300 VISITAS. E PARA QUE VEXADES UN EXEMPLO DEIXOVOS ESTE ÚLTIMO MAIL:

Garba:
Hola compañero.Hace unos meses subiste un video a tu web y vi que tuvo bastante aceptación. Ya que me llegaron varios visitantes de tu web al video. Era el de “bici nueva, el regalo de reyes” jajajaLo primero darte las gracias por promocionarlo.Ahora he creado otro video que igual te gusta tb y si es asi, estaría encantado que lo cogaras tb en tu web.Un saludo. http://www.youtube.com/watch?v=hHwd_q5lFxg




POR ESTA VEZ NON VAMOS A COBRAR E COLGAMOS O VIDEO, PERO CREO QUE VAMOS TER QUE IR PENSANDO EN FACER CAIXA........................